Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Rebobina coa UNED A Coruña

17 de junio de 2021

Se perdiches algunha das conferencias e actividades culturais realizadas no noso Centro durante o curso... este verán podes volver vela! Inscríbete gratis ata o 16 de setembro,  rebobina e dálle ao play!

Desde o Centro Asociado á UNED da Coruña propoñémosvos unha nova acción formativa e cultural para este verán. 

Se che perdiches algunha das conferencias ou actividades gratuítas celebradas este curso 2020-21 no noso Centro, aproveita o verán para volver velas.

Con Rebobina coa UNED A Coruña, pódese seguir na modalidade en liña de diferido e poderás inscribirte nas actividades que queiras, entre o 16 de xuño e o 16 de setembro. Poderás velas cando queiras e como queiras

Poñemos á túa disposición, de forma totalmente gratuíta, 16 actividades que, en total, agrupan 19 conferencias e 2 actos culturais. 

Máis de 27 horas con información de interese en diferentes materias: Historia, Saúde, Xénero, Educación, Dereito, Economía, etc., abordando temas de actualidade. Poderás volver a ver todos os nosos ciclos temáticos: Bullying e prevención do acoso escolar, Memoria Democrática, Mércores de Historia, UNED A Coruña Emprende, Depende de ti: saúde e calidade de vida, 8M, etc.

Selecciona aquelas que che interesen e inscríbete gratis para acceder á información de cada actividade  ás ligazóns de seguimento en diferido.

Esta iniciativa de Extensión Universitaria xurdida no noso Centro, ten como finalidade facilitar o acceso á formación e ao coñecemento á población en xeral sobre as diversas temáticas tratadas nas actividades realizadas no Centro Asociado á UNED da Coruña durante o curso 2020-21, para aquelas persoas que, por diferentes motivos, non puideron asistir nas datas de celebración. Deste xeito queremos favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar do noso alumnado, así como da poboación en xeral, a través do acceso eo coñecemento.

Descarga o díptico informativo con todas as actividades premendo aquí.

Pódeste inscribir gratis premendo aquí.

  • Matrícula para seguimento en diferido dispoñible ata o 16 de setembro de 2021.

Este verano... Rebobina e dálle ao play!

Bullying e prevención do acoso escolar 

01 O Proxecto antibullying: Tresgallo-Bullying-Cero

02 Presentación do libro: “Acoso escolar: os graves perigos das redes sociais. Pautas de intervención” de Emilio Tresgallo

Memoria Democrática, a debate

03 O patrimonio do franquismo

04 A ditadura franquista: goberno ou xestión?

05 A Casa Cornide: presente e futuro

#MércoresDeHistoria na UNED A Coruña

06  De e desde Berenice: Elefantes, trogloditas e Blemnios no Mar Vermello

07  A participación do Noroeste nas dinámicas tecnolóxicas e culturais do Paleolítico superior Cantábrico

08  “Os xenerais da Ulla” Documental sobre o entroido dos xenerais na comarca do Ulla

#UNEDACoruña Emprende

09  Conta connosco! Aínda temos moito que ofrecerte

10  Recursos que ofrece o SAEE do Centro UNED A Coruña

11  Proxectos de emprego e vida no ámbito rural galego

12  Como atopar emprego sen ser ‘El Rubius’?

Depende de ti: saúde e calidade de vida. A importancia da doazón en pandemia

13  A doazón e o transplante de órganos

14  A importancia da doazón de sangue

15  A doazón e o transplante de medula ósea

Depende de ti: saúde e calidade de vida. #UNEDSaludable

16  Perda auditiva: a enfermidade que afectará ao 25% da poboación en 2050”

#COVID-19     

17  As operacións das Forzas Armadas na loita contra a pandemia

#8M     

18  Valorarse para amarse: cando o saber popular eloxia á muller

Dereito mercantil     

19  Dereito Mercantil: Vertente práctica dentro da figura empresarial

Actos culturais   

20  Acto de entrega de premios do V concurso universitario de curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea 2019/20

21  Acto inaugural da Exposición Virtual "Prostitución. Un atentado contra os Dereitos Humanos"

Descarga o díptico informativo con tódalas actividades premendo aquí.         

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es