Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ciclo de Mediación 2021-22

30 de julio de 2021

Xa te podes matricular nos 5 módulos do Ciclo de Mediación 2021-22 que, nesta novena edición, cambia o seu horario habitual e, ademais, conta con prazas limitadas de asistencia presencial

O Centro Asociado UNED A Coruña presenta, un año más, o Ciclo de Mediación 2021/2022 que, neste curso académico, cumpre a súa 9ª Edición. 

Esta formación especializada enmárcase no programa de Extensión Universitaria para o próximo curso académico e comprende 5 módulos independentes, de 25 horas lectivas cada un; este ano, debido ás especiais circunstancias de seguridade pola alerta sanitaria do COVID-19, priorizarase a asistencia en liña (emisión en directo) desde calquera dispositivo con acceso a Internet, aínda que tamén se ofertaron prazas limitadas de asistencia presencial que, iranse cubrindo en función da normativa vixente na celebración de cada curso. Recoméndase consultar a información actualizada en cada módulo de forma periódica.

Outra novidade deste ano é que os cursos non se realizarán integramente os venres, senón que haberá sesións os martes e xoves. O horario seguirá sendo de tarde, de 16:30 a 20:30 h e celebraranse desde a sede do Centro UNED A Coruña. Tamén se manteñen as horas de docencia para cada curso, con tres sesións (12 horas) en cada un dos distintos módulos, que se realizarán desde outubro do 2021 a maio de 2022.

Do mesmo xeito que nas dúas edicións anteriores, mantense o prezo unificado de matrícula para todos os cursos, adaptando o custo ao novo formato formativo; o alumnado da UNED en xeral, así como o PAS e o profesorado titor do Centro Asociado da Coruña, contan con bonificacións especiais no prezo da matrícula. Membros de Forzas e Corpos de Seguridade, do Colexio Oficial de Procuradores da Coruña e do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia, tamén son colectivos bonificados que contan cunha redución no prezo da matrícula para cada curso.

Todos os cursos pódense facer de forma independente, xa que non é necesario matricularse en todo o Ciclo para recibir formación específica sobre unha área concreta.

Neste momento estamos a traballar para que, como en edicións anteriores, se recoñeza a formación con 1 crédito ECTS por cada un dos cursos superados, o que suporía 5 ECTS en total se se superan todos os cursos do Ciclo.

Os cursos que compoñen o Ciclo de Mediación 2021/2022, están especialmente dirixidos a:

  • Estudantes dos graos e másteres en Dereito, Psicoloxía, Pedagoxía, Traballo Social, Educación Social, Socioloxía, Criminoloxía, etc.
  • Profesionais relacionados/as cos ámbitos civil, familiar, educativo e penal.
  • Persoal da Administración Pública dos ámbitos de Xustiza, Educación, Política Social, etc.
  • Público en xeral.

El Centro Asociado a la UNED de A Coruña está recoñecido como Centro de Formación no Rexistro de Mediadores do Ministerio de Xustiza.

O Centro Asociado da Coruña leva ofrecendo a posibilidade de formarse nesta temática desde 2013. Nestes nove anos realizáronse máis de 30 cursos sobre mediación, formando a case de 3.000 alumnos e alumnas.

Unha das principais vantaxes formativas que ofrece este Ciclo é a súa modalidade flexible, revisando e actualizando cada curso ás necesidades do alumnado e aos intereses da realidade sociolaboral do momento; así, cada estudante pode realizar os cursos que desexe de forma independente ou en conxunto, en función dos seus horarios e necesidades, podendo completar a formación en diferentes anos académicos. Ademais, esta flexibilidade permite abrir a formación a aquelas persoas que, aínda que non están interesadas en rexistrarse profesionalmente como mediadores, queren adquirir coñecementos sobre áreas específicas como educación, familia ou penal.

Requisitos para matricularse no Ciclo de Mediación 2021/2022:

  • - Ser maior de 18 anos
  • Inscribirse na plataforma online de Extensión Universitaria (a través das ligazóns informativas de cada módulo)
  • - Realizar o pago de matrícula (achegando a documentación requirida nos casos de matrícula bonificada).

Do mesmo xeito que noutras edicións e, como é habitual na formación de Extensión Universitaria do noso Centro, non se necesita ter ningunha titulación previa para cursar a actividade. 

Normativa aplicable para ser mediador

Para rexistrarse como profesional mediador a nivel nacional no Ministerio de Xustiza, a Lei 5/2012 de mediación no ámbito civil e mercantil, abre a oportunidade de exercer como mediadores a aqueles profesionais que estean en posición de título oficial universitario, ou de formación profesional superior, sempre que conten coa formación específica en mediación necesaria para exercer esta actividade. O Real Decreto 980/2013, do 13 de decembro, concreta que dita formación poderase adquirir nun ou varios cursos, cunha duración mínima de 100 horas de docencia efectiva sendo, polo menos un 35 por cento das mesmas, de carácter práctico.

Ciclo de Mediación 2021/2022 do Centro UNED A Coruña consta de 125h de formación teórica e práctica, polo que cobre amplamente a formación requirida.   

Profesorado

O ciclo está dirixido por Inmaculada García Presasprofesora de Dereito Civil na Universidade da Coruña e profesora titora do Centro Asociado UNED A Coruña. Rosa Sánchez González-Dans será novamente a responsable da docencia de todos os cursos que compoñen o Ciclo. 

Rosa Sánchez é Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, Máster en Psicoloxía Xurídica pola UNED, especialista en Mediación Familiar pola Universidade de Vigo e Máster Universitario en Mediación pola Universidade de Santiago de Compostela. Rexistrada no Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia desde o ano 2003, labor que compaxina co seu traballo de avogada. A partir do ano 2007 adhírese como profesional partícipe ao programa MEDIAGAL, promovido pola Xunta de Galicia. Participou en congresos, cursos, xornadas e seminarios sobre mediación, e colaborou en proxectos de formación en materia de mediación; entidades públicas e privadas. Leva sendo a docente dos cursos sobre esta temática no noso Centro dende 2013.

Matricúlate xa!

Módulos que estruturan o Ciclo na edición 2021-2022. 

Iniciación á Mediación. Teoría e Práctica

  • Datas: martes 19, xoves 21 e martes 26 de outubro de 2021.
  • Lugar de celebración: sede UNED A Coruña.
  • Horario: de 16:30 a 20:30 h.
  • Duración: 25 horas.
  • Créditos: 1 crédito ECTS (en trámite).
  • Modalidades: Online (emisión en directo) e presencial (prazas limitadas*).
  • Pódeste matricular neste curso premendo aquí.

*Prazas limitadas. Grupo reducido en atención ás condicións sociosanitarias do momento da celebración do curso e á normativa vixente. O Centro se reserva a posibilidade de cambiar a matrícula en modalidade presencial a en liña.  

Mediación no Ámbito Civil, Mercantil e Familiar

  • Datas: martes 23, xoves 25 e martes 30 de novembro de 2021.

  • Lugar de celebración: sede UNED A Coruña.
  • Horario: de 16:30 a 20:30 h.
  • Duración: 25 horas.
  • Créditos: 1 crédito ECTS (en trámite).
  • Modalidades: Online (emisión en directo) e presencial (prazas limitadas*).
  • Pódeste matricular neste curso premendo aquí.

Mediación no Ámbito Educativo

  • Datas: martes 15, xoves 17 e martes 22 de febreiro de 2022.
  • Lugar de celebración: sede UNED A Coruña.
  • Horario: de 16:30 a 20:30 h.
  • Duración: 25 horas.

  • Créditos: 1 crédito ECTS (en trámite).
  • Modalidades: Online (emisión en directo) e presencial (prazas limitadas*).
  • Pódeste matricular neste curso premendo aquí.

Xustiza Restaurativa. Mediación nos Ámbitos Penal e Comunitario. Prácticas Restaurativas

  • Datas: martes 22, xoves 24 e martes 29 de marzo de 2022
  • Lugar de celebración: sede UNED A Coruña.
  • Horario: de 16:30 a 20:30 h.
  • Duración: 25 horas.

  • Créditos: 1 crédito ECTS (en trámite).
  • Modalidades: Online (emisión en directo) e presencial (prazas limitadas*).
  • Pódeste matricular neste curso premendo aquí.

Prácticas de Mediación

  • Fechas: martes 3, xoves 5 e xoves 10 de maio de 2022.
  • Lugar de celebración: sede UNED A Coruña.
  • Horario: de 16:30 a 20:30 h.
  • Duración: 25 horas.

  • Créditos: 1 crédito ECTS (en trámite). 
  • Modalidades:  Online (emisión en directo) e presencial (prazas limitadas*).
  • Pódeste matricular neste curso premendoaquí.

Podes consultar e descargar o díptico informativo aquí

Matrícula

Se queres realizar o Ciclo completo debes matricularte en todos os cursos de forma separada. De igual modo, se só estás interesado/a en un curso concreto, pódeste matricular neste directamente sen necesidade de facer os demais cursos do Ciclo. 

Nesta 9ª edición mantemos os prezos de matrícula, adaptándoos ao formato formativo actual. A matrícula individual de cada curso para estudantes UNED e colectivos bonificados é de 50€ (60€ para tipo xeral non bonificado), o que supón que o custo do Ciclo completo con matrícula bonificada é de 250€ (300€ de tipo xeral).

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

--------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es