Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Convocatoria de exámenes de setembro 2021

3 de septiembre de 2021

Revisa aquí toda a información sobre o sistema AvEx e como realizar os teus exames en liña. Tamén podes ver os TIPS do COIE A Coruña para afrontar estas probas con éxito

Os exames de setembro están ao virar a esquina.

Lembra que, do mesmo xeito que en convocatorias anteriores, as probas finais de Graos, Micrograos e Másteres realizaranse principalmente en liña a través da aplicación AvEx.

Recomendámosche revisar as condicións técnicas do dispositivo que vaias utilizar para realizar os exames.

Esta aplicación foi desenvolvida para a realización de exames de maneira non presencial na UNED e resultou de especial utilidade neste período de alerta sanitaria. AvEx permite a realización de exames tanto de tipo test como de desenvolvemento ou mixtos, sen necesidade de instalación de software adicional no teu dispositivo. Ademais, é compatible con todos os sistemas operativos e podes acceder desde calquera navegador web actualizado. Pódelo utilizar desde todo tipo de dispositivos electrónicos conectados á rede: teléfono intelixente, computador e/ou tableta.

Calendario de exames e condicións de avaliación:

Lembra que é moi importante revisar o calendario de exames por se houbese modificacións. Podes consultar o calendario de exames das probas de setembro premendo aquí.

Tamén, lembra revisar e verificar as indicacións sobre a avaliación que proporcione cada equipo docente. Esta información atoparala actualizada no curso virtual da materia (plataforma aLF).

Como e cando debo acceder ao meu exame a través de AvEx:

Tras consultar o calendario e verificar que non houbo cambios, o día do exame poderás acceder ao sistema desde 20 minutos antes da hora de comezo oficial.

Durante este tempo deberás validarte coa túa conta e código (ou obtelo se non o fixeches antes), aceptar a política de privacidade (se non o fixeches antes), comprobar o funcionamento da túa cámara e acceder á aula á espera ata que comece o exame na hora oficial.

É MOI IMPORTANTE que accedas a AvEx antes de que comece oficialmente o exame, xa que a aplicación NON permite o acceso unha vez dá comezo a hora oficial. Se chegas tarde, non poderás realizar o exame.

Para acceder á aplicación AvEx debes escribir a seguinte dirección no teu navegador https://unedenlinea.es/ ou podes ir directamente premendo aquí

Que é o que precisas para examinarte a través de AvEx?: 

Podo entrar agora en AvEx e solicitar o meu código de exame? 

Si, de feito é MOI RECOMENDABLE que, se non entraches previamente na plataforma, o fagas canto antes. Lembra que se xa che examinaches previamente a través deste sistema, é probable que non necesites un novo código. Con todo, realiza a comprobación polo si ou polo non. 

 Recomendámosche igualmente que accedas co dispositivo que vas utilizar para realizar o exame, así xa terás todo configurado para o día que te teñas que examinar. Lembra que calquera atraso o día do exame pode supoñer que non te podas avaliar.

Se tes algunha incidencia técnica, contacta co soporte técnico para solucionalo

Non esperes ao último momento e contacta co soporte técnico ou co servizo de atención ao estudante. Dicímosche como: 

- Soporte técnico: 

- Atención ao Estudiante/CAE: infouned@adm.uned.es / 91 398 66 36

Ten a man o teu DNI (NIE ou Pasaporte) para validar a túa identidade 

Aínda que na túa ficha de estudante UNED debe aparecer a túa fotografía (asegúrate que así sexa), polo si ou polo non, ten a man o DNI, NIE ou Pasaporte ou o o carné de estudante deste curso académico, por se requirisen validar a túa identidade.

Revisa os datos da páxina principal do teu exame para comprobar que está todo correcto

Do mesmo xeito que nos exames presenciais, tómate uns minutos para ler os enunciados e instrucións que o Equipo Docente inclúe en cada exame. 

Non deixes outros aparellos electrónicos non autorizados preto do dispositivo desde o que realizas o exame 

Lembra que está prohibido o uso de calquera outro medio dixital (teléfono móbil, smartphone, Tablet, smart watch, IPod, etc.) preto do dispositivo desde o cal realizas o exame. Infrinxir esta medida pode supoñer unha grave penalización no teu expediente académico.

Exames de reserva

Lembra que esta opción é por se te examinas a través da aplicación AvEx e che coincíden dúas a máis materias o mesmo día (por exemplo, o luns). Neste caso non poderás realizar os exames de reserva na aplicación AvEx, xa que esta, unicamente, permite a realización dun só deles o día da reserva no horario determinado. Os exames, neste caso, terán que realizarse en formato papel e de forma presencial no centro asociado no que normalmente se examinan de maneira presencial. Previamente deberás poñerte en contacto coa Vicesecretaría Xeral de Probas Presenciais e, unha vez que recibas a autorización para presentarse aos exames de reserva, terás que comunicar ao centro asociado a súa asistencia.

E, se aínda tes máis dúbidas, consulta:

E se tes que acudir ao Centro, a examinarche en modalidade presencial, lembra que:

Se tes síntomas compatibles coa COVID ou estás en corentena, contacta coa UNED e non acudas ao Centro

Non poderán acceder ao centro educativo aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas a as que se lles diagnosticou a enfermidade e que non finalizasen o período de illamento requirido ou as que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada. 

    • As persoas que se atopen nalgunha destas situacións deberán comunicalo á secretaría da organización das probas canto antes, achegando a documentación acreditativa para a súa valoración.

Ve con tempo suficiente, leva a documentación requirida para poder realizar o exame e acreditar a túa identidade (carné UNED, DNI, NIE ou Pasaporte) 

Recoméndase acudir polo menos media hora antes da hora sinalada para o comezo, provistos do correspondente documento oficial de identidade ou carné que acredite estar matriculado na UNED.

Consulta o calendario e os requisitos para cada caso, para verificar previamente que é o que tes que levar.

Lembra que é obrigatorio cumprir coas medidas de prevención e seguridade pola Covid-19 en todo momento

 Son fundamentais as principais medidas de prevención da transmisión:

  • O uso de máscara hixiénica é OBRIGATORIO e debe utilizarse de forma adecuada. Recoméndase o uso de máscaras cirúrxicas ou FFP2.

  • Hixiene de mans de forma frecuente e meticulosa.
  • Sempre que se poida, débese manter a distancia interpersoal.
  • Non compartas o material (bolígrafos, regras, calculadora, etc.) con outros usuarios e usuarias da aula.
  • Non te toques ollos, nariz nin boca e, se toses ou esbirras, utiliza o brazo para taparte, non a man.

Revisa os datos da páxina principal do teu exame para comprobar que está todo correcto

Ademais de comprobar que os teus datos sexan os correctos, tómate uns minutos para ler os enunciados e instrucións que o Equipo Docente inclúe en cada exame.

TIPS do COIE A Coruña para afrontar estas probas con éxito

A semana próxima comezan os exames. Repasa os nosos consellos para reducir a ansiedade e afrontar estas probas con éxito, #UNEDSaludable.

Estes días previos á realización dos exames poden ser momentos de moita tensión, especialmente neste ano de alerta sanitaria por COVID-19.

Tes dificultades para durmir? angustia, medo, inseguridade?...

Reduce a ansiedade cos consellos do COIE e afronta estas probas con éxito!

COIE do Centro UNED A Coruña elaborou unhas recomendacións para axudarche a reducir a tensión e facilitarche o estudo para os próximos exames. Segue estes consellos e terás moito éxito nos teus estudos.

  • Consulta o noso mapa interactivo con consellos pulsando aquí

Moita sorte!

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

--------------------------------{}-------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es