Se tes dúbidas sobre que estudos realizar ou como enfocar a túa carreira, lembra que podes pedir cita no Centro de Orientación, Información e Emprego (COIE) UNED A Coruña.
O COIE do Centro, a cargo de Nuria Rebollo Quintela, coordinadora no Centro Asociado da Coruña, é un servizo con vocación informativa e orientativa destinado a asesorar e guiar a cada estudante para enfocar e planificar os seus estudos.
Como acción complementaria do Plan de Acollida ao alumnado do curso 2021-2022 do Centro da Coruña, durante os meses de setembro e outubro, o COIE reforza a súa atención ao alumnado, especialmente a aquelas e aqueles que inician os seus estudos na UNED.
A través de sesións virtuais individuais, con atención personalizada, guíase a cada estudante no coñecemento dos estudos a realizar, pero tamén se asesora sobre como organizalos de forma realista de acordo cos intereses particulares de cada estudante, o tempo dispoñible para o estudo e as súas expectativas de futuro. Desde o COIE axudarémosche a resolver calquera dúbida sobre sobre os teus estudos e asesorarémosche para que aproveites o teu tempo ao máximo.
Podes reservar cita para a túa reunión persoal de orientación cubrindo o seguinte formulario en liña.
Lembra que:
Este servizo estará dispoñible durante todo o período de matrícula, cada mércores ata o 27 de outubro de 2021. As entrevistas personalizadas realizaranse os mércores de 17:00-19:30 h.
Máis información en:
-------------------------{}------------------------