Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Xornadas Museo do Viño de Galicia

29 de octubre de 2021

Do 5 ao 6 de Novembro no Museo do Viño de Galicia

Os días 5 e 6 de novembro levaranse a cabo unhas Xornadas por parte do Museo do Viño de Galicia en colaboración con Extensión Universitaria do CA da UNED da Coruña. Estas actividades terán lugar no Museo, e emitiranse tamén online mediante as canles da UNED.

 

Esta actividade, dividida en dúas xornadas, reúne a especialistas dos períodos romano e medieval para tratar o proceso de elaboración do viño, así como a súa difusión e desenvolvemento durante a época medieval. Tamén farase unha presentación do Museo do Viño por parte do seu principal responsable, César Llana.

 

Como actividade complementaria, as persoas interesadas poderán matricularse nunha visita guiada do Museo do Viño o sábado 06 de novembro (matrícula independente desta actividade. Máis información en www.acoruna.uned.es / info@a-coruna.uned.es). Debido á alerta sanitaria pola COVID-19, priorizarase a matrícula para o seguimento online do curso. Estarán disponibles 40 plazas para a asistencia presencial que están condicionadas ao cumplimento das medidas de seguridade e hixiene, así como á normativa vixente no momento da celebración. O Centro resérvase a posibilidade de cambiar a matrícula en modalidade presencial á online en caso de que se cubra ou cambie o aforo.

 

 

Recoméndase consultar as condicións e prazos para o seguimento online na sección "Inscripción" (+ información).

AVISOS IMPORTANTES:

-É imprescindible indicar e actualizar a dirección de correo electrónico dende a que farán o seguimento da actividade.

-Os datos personais (nome, apelidos e DNI) que aparezan na ficha de matrícula son os que se utilizarán no certificado de aproveitamento do curso tal e como aparecen escritos.

¡Seguimos online, 

seguimos contigo!

Máis información en:

  • - Secretaría del C.A. UNED A Coruña no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es.

--------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es