Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

II Xornadas Memoria Democrática a debate: Transición. Dentro e fora da ditadura

4 de noviembre de 2021

Os días 10, 11 y 12 de novembro de 2021, no Centro sociocultural Ágora da Coruña, coa asistencia do Centro Asociado á UNED na Coruña, que reunirá a expertos de recoñecido prestixioxunto a testigos da época

Esta actividade está organizada polo Concello da Coruña.

II Ciclo de Conferencias: Memoria Democrática, a debate. Transición. Dentro e fora da Ditadura” é unha actividade de carácter mixta, presencial e en liña, que se celebrará nos días 10, 11 e 12 de novembro de 2021 na cidade da Coruña, no Centro sociocultural Ágora, coa asistencia do Centro Asociado á UNED na Coruña, e que reunirá a expertos de recoñecido prestixio, xunto a testemuñas da época.

 

A súa finalidade é debater e xerar coñecemento sobre esta parte tan relevante do noso pasado e presente. Na liña iniciada co Ciclo de conferencias: "Memoria Democrática, a debate", en decembro do 2020, o Concello da Coruña a través da súa Concellería de Memoria Histórica pretende aportar á cidadanía ferramentas con capacidade para analizar o pasado máis recente.

 

Transición. A Real Academia Española dá este significado: ‘Acción e efecto de pasar dun modo de ser a estar noutro distinto’. Non é ‘ruptura’. O proceso da ditadura á democracia tras a morte de Franco en novembro de 1975 implicou acadar acordos e puntos de converxencia entre as dúas partes cun obxectivo de futuro, de mirada longa a medio prazo.

 

Da ditadura á democracia… Estas xornadas abordarán o proceso de como foi posible converter a ditadura mais duradeira de Europa tras a Segunda Guerra Mundial nunha democracia perfectamente homologable cos países e contextos sociais do seu entorno. A modernización económica xa comezará anos antes, precisábanse axustar as institucións ao contexto político europeo. E fíxoche a través dun proceso de ‘transición’, non de ‘ruptura’. Unha ‘transición’ considerada modélica por moitos dende os anos noventa do século XX. Un enorme esforzo cara a convivencia e a tolerancia, dotado dun elevado grao de incerteza.

 

O proceso para os que o viviron foi eterno. Moitos cambios en moi pouco tempo e sempre cun grao de incerteza e de risco. Pero o certo é que en pouco mais de tres anos -de 1976 a 1979- pasouse dun goberno directamente herdeiro da ditadura a instalar a estrutura básica do réxime representativo actual. Dende unha Lei de Reforma Política que permitiu pasar da ‘Lei á Lei’, ata as primeiras eleccións locais que dotaban ás institucións dunha tépeda representación municipal. Polo medio deste camiño houbo que percorrer unhas primeiras eleccións xerais, elixindo aos membros dunha primeira lexislatura ‘constituínte’, nunca denominada como tal. Para algúns, o remate do proceso de transición foi mesmo a aprobación da Constitución do 6 de decembro de 1978. Nestes catro anos pasouse dun amplo abano de organizacións e partidos políticos, moitos inexistentes á morte de Franco, a condensar o sistema de partidos mediante coalicións, rápidas disolucións, procesos de unificación prolongados no tempo…

 

Uns anos, os da transición democrática, que precisan ser divulgados á cidadanía dun xeito rigoroso, correcto e severo. Hai que ter en consideración a extraordinaria complexidade desa época, chea de feitos que aínda hoxe precisan ser contextualizados e diseccionados desde o ámbito académico. Como todos os fenómenos históricos, precisan dunha explicación que nos permita entender o noso presente dende o pasado para consolidar os valores democráticos.

 

Entre os días 10 e 12 de novembro do 2021 asistiremos a debates de recoñecidos expertos e testemuñas daquel pasado sobre como se fixo aquela ‘transición’, aquel salto cara a democracia que nos fixo ser o que somos hoxe en día. Realizar estas actividades dun xeito seguro no contexto sanitario no que nos atopamos agora mesmo resulta difícil e complexo, pero a cidade da Coruña conta con unhas instalacións axeitadas para facer fronte a este reto. De xeito presencial -con aforo limitado adaptado ás necesidades sanitarias-, e a través do seguimento online para a súa difusión pola rede, se realizarán tres mesas redondas e debates posteriores abertos á cidadanía -de xeito presencial e dixital-, con expertos de primeiro nivel que desenvolverán o programa adxunto. A Coordinación Académica terá o rol de moderador para ir dando entrada nas mesas os distintos relatotes, que terán unha primeira disertación de aproximadamente 10-15 minutos, ademais da posterior xestión do debate.

 

A actividade poderase seguir tanto en modalidade presencial, coma online (en directo máis en diferido). Para a asistencia presencial compre seguir as medidas de seguridade e hixiene, así como a normativa vixente no momento da celebración.

 

AVISOS IMPORTANTES:

 

-  Recoméndase ao alumnado consultar a documentación dispoñible na sección de documentos da actividade en "Mi espacio" para familiarizarse cos requirimentos técnicos e os xeitos de conexión para o seguimento en liña.

-  É imprescindible indicar e actualizar o enderezo de correo electrónico desde o que se  realizará o  seguimento da actividade.

-  Os datos persoais (nome, apelidos e DNI) que aparezan na ficha da matrícula son os que se usarán no certificado de aproveitamento da actividade.

Lugar e datas

     

Centro Sociocultural Ágora (A Coruña)

Do 10 ao 12 de novembro de 2021

De 17:30 a 21:00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora (Lugar da, Av. Gramela, 17, 15010 A Coruña)

Horas lectivas    

Horas lectivas: 10.5

Créditos     

0.5 créditos ECTS (en trámite).

  • Podes consultar máis información sobre esta actividade e inscribirte gratis premendo aquí.

¡Seguimos online, 

seguimos contigo!

Máis información en:

  • - Secretaría do C.A. UNED A Coruña no teléfono: 981 14 50 51 o no enderezo electrónico: info@a-coruna.uned.es.

--------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es