Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Bo Nadal!

18 de diciembre de 2023

Dende o Centro Asociado da Coruña/Ferrol queremos desexarvos un marabilloso Nadal.

Estimada comunidade universitaria, Nesta época de alegría e esperanza, dirixímonos a cada un de vós co corazón cheo de gratitude e bos desexos. O Nadal é unha época especial que nos invita a reflexionar sobre o ano que pasou e a celebrar a importancia da unidade, a amizade e o amor.

Na UNED estamos agradecidos de contar cunha comunidade tan vibrante e dedicada. Cada un de vós, co seu talento, esforzo e paixón, contribúe a enriquecer o ámbito académico e a construír un futuro cheo de promesas. Queremos expresar o noso agradecemento polo seu esforzo e compromiso durante este curso académico. Cada logro e reto que enfrontamos xuntos fortalecenos como comunidade educativa.

Estamos certos de que o vindeiro ano virá aínda con máis éxitos e oportunidades de crecemento. Agardamos que este Nadal vose traia momentos de felicidade cos vosos seres queridos, e cos non tan queridos. E, por suposto, que o ano que está a piques de chegar, veña cargado de novos coñecementos, experiencias e obxectivos cumpridos.

Disfruta destes días, e recupera forzas, para volver con enerxías renovadas e preparados para afrontar novos retos académicos.

Aproveitamos a ocasión para lembrar que sodes parte fundamental da UNED. Ningunha universidade ten sentido sen o aprecio e o cariño dos seus estudantes. Por iso, ano tras ano, estamos emocionados de seguir compartindo xuntos o camiño da aprendizaxe e da excelencia.

Desexámosvos a todos un Bo Nadal e un Feliz Aninovo!

navi2023
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es