Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ciclo de conferencias "Gallaecia. A Implantación Romana no Noroeste Peninsular: unha visión arqueolóxica"

30 de julio de 2024

De novembro 2024 a abril 2025, mergúllate na rica historia de Galicia e descobre como a romanización moldeou a nosa cultura e sociedade. Seis conferencias gratuítas presenciais no noso centro, con retransmisión en liña en directo e acceso en diferido. Esperámoste!

O Centro Asociado da UNED na Coruña presenta o ciclo de conferencias "Gallaecia: A Implantación Romana no Noroeste peninsular: unha visión arqueolóxica", que levará a cabo ao longo do curso 2024-2025, desde novembro ata abril.

Esta actividade formativa é gratuíta, aberta ao público en xeral e está destinada a toda persoa interesada en explorar a Historia e a Arqueoloxía do proceso de romanización en Galicia.

O ciclo estará dirixido por María Loira Enríquez, Doutora en Historia e Profesora-titora do grao en Xeografía e Historia e do grao de Historia da Arte no Centro Asociado UNED A Coruña.

Programación novembro 2024 - abril 2025

O ciclo consta de seis conferencias impartidas por expertos especialistas en Arqueoloxía e Historia, quen profundarán en diversos aspectos da implantación romana en Galicia, un momento de completa transformación en todas as ordes neste espazo: a industria pesqueira, a vitivinicultura, a cerámica, o poblamiento, a urbanización e a permanencia dos castros, agora renovados en morfoloxía e función.

Conferencia “O proceso de romanización ou por que falamos en latín"

  • Data: 6 de novembro de 2024
  • Hora: 19:00-20:30h.
  • Modalidade: presencial no Salón de Actos do Centro asociado, con emisión en liña en directo e en diferido
  • Duración: 1,5 horas
  • Impartida por María Loira Enríquez, licenciada en Historia, Diploma de Estudos Avanzados en Prehistoria e Arqueoloxía, Doutora en Historia, Historia da arte e Territorio

O ciclo ábrese cunha charla que pretende profundar no proceso de romanización, o seu significado, causas e consecuencias. Tras a implantación romana, Galicia convértese nunha sociedade estatal e intégrase no devir de Roma, cunha influencia decisiva en aspectos tan significativos como o relixioso, o xurídico, o económico, o político-administrativo, a lingua, a alimentación ou a urbanización, desencadeando cambios transcendentais no modo de vida, que chegan a alcanzar o que somos actualmente.

Conferencia “A pesca en Galicia en época romana: unha aproximación a través do rexistro arqueolóxico

  • Data: decembro 2024
  • Modalidade: presencial no Salón de Actos do Centro asociado, con emisión en liña en directo e en diferido
  • Impartida por Laura Casal Fernández, licenciada en Historia especialidades Historia Antiga e Arqueoloxía, Mestrado Universitario en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural, Doutora en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión

Esta conferencia pretende ofrecer unha perspectiva da actividade pesqueira na Gallaecia a partir da información achegada polo rexistro arqueolóxico. Profundarase nas novidades detectadas na pesca desde o momento de implantación e consolidación da presenza romana no Noroeste peninsular, que parecen vincularse ao proceso de industrialización e comercialización a gran escala da produción pesqueiro-salazonera.

Conferencia “Introdución da vitivinicultura no Noroeste da península ibérica”

  • Data: xaneiro 2025
  • Modalidade: presencial no Salón de Actos do Centro asociado, con emisión en liña en directo e en diferido
  • Impartida por José Cesar Llana Rodríguez, funcionario de carreira do corpo especial de técnicos de Museos da Xunta de Galicia, Director do Museo do Viño de Galicia, Mestrado en Xestión de Bens Culturais, Doutor en Historia (Prehistoria)

A conferencia ofrecerá unha aproximación á orixe da produción de viño no Noroeste peninsular, mostrando o panorama que ofrecen os resultados dos traballos arqueolóxicos, paleobotánicos e xenéticos.

Conferencia “De galaicos a galaicorromanos. A vida nos castros tras a implantación de Roma”

  • Data: febreiro 2025
  • Modalidade: presencial no Salón de Actos do Centro asociado, con emisión en liña en directo e en diferido
  • Impartida por Carmen Álvarez García, licenciada en Historia, Mestrado Universitario en Métodos e Técnicas Avanzadas de Investigación Histórica, Artística e Xeográfica
 

Esta conferencia abordará os cambios que teñen lugar na sociedade castrexa a partir do cambio de era e, de modo particular, nos castros que continúan habitados tras a implantación romana. A través dos documentos arqueolóxicos, rastrexaranse os elementos que indican como ten lugar o proceso de romanización dos galaicos.

Conferencia “A cerámica sigillata na área noroccidental”

  • Data: marzo 2025
  • Modalidade: presencial no Salón de Actos do Centro asociado, con emisión en liña en directo e en diferido
  • Impartida por María Catalina López Pérez, licenciada en Xeografía e Historia polas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía, e Arquivística e Biblioteconomía, Doutora en Xeografía e Historia
 

Entre os materiais que habitualmente aparecen nos xacementos, a cerámica preséntase como o máis numeroso, sendo considerada a terra sigillata como un dos fósiles directores dos datados en época romana. Ao longo desta conferencia, analizaranse as características que presentan as súas pastas e tipoloxías, os pasos dados na súa fabricación, así como a súa chegada e difusión polo Noroeste peninsular.

Conferencia “Lucus Augusti: investigación e patrimonio da urbe e o seu territorio”´

  • Data: abril 2025
  • Modalidade: presencial no Salón de Actos do Centro asociado, con emisión en liña en directo e en diferido
  • Impartida por Felipe Arias Vilas, licenciado en Filosofía e Letras (Sec. Xeografía e Historia), Profesor/investigador ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela

Nesta conferencia trataranse varios aspectos relativos ás investigacións realizadas sobre a cidade romana de Lucus Augusti (Lugo), analizando a súa evolución arqueolóxica e histórica, así como o seu reflexo no ámbito do patrimonio cultural, tanto da propia cidade como do seu territorio circundante.

Modalidade e Participación

O ciclo realizarase en modalidade híbrida, permitindo tanto a asistencia presencial no Centro UNED da Coruña como a participación en liña, en directo ou diferido.

Inscrición e máis Información

A matrícula é gratuíta pero é necesario inscribirse previamente a través da plataforma en liña da UNED. A inscrición pecharase ás 9:00h do día da impartición de cada conferencia. Más información na Secretaría do Centro Asociado da Coruña, no teléfono 981 14 50 51 ou no correo electrónico info@a-coruna.uned.es.

Non che perdas esta oportunidade de mergullarte na rica historia de Galicia e descubrir como a romanización moldeou a nosa cultura e sociedade!

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es