Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Humor coruñes nos actos do 40 aniversario UNED

2 de abril de 2013

Testemuño de Yésica Val, alumna do Centro Asociado UNED-A Coruña, que participa cun monólogo nos actos do 40 aniversario da UNED en Madrid.

"Sentín que estaba a dar un relatorio, por fin puiden estar na universidade impartindo algo".

Son as palabras de Yésica cando lle preguntamos que lle pareceu a súa actuación nos actos do 40 aniversario da UNED, o pasado mes de marzo en Madrid. Viaxou coa maleta chea de ilusión para ofrecer o seu humor irónico e acertado nun acto onde a minusvalidez, foi o denominador común.

Coñecida na nosa cidade polos seus monólogos espertos, vivos e enxeñosos, Yésica, convive coa súa minusvalidez visual dunha forma tan harmoniosa como natural, e ensinounos que é un exemplo de vida e de superación. "

Foi tremendamente enriquecedor actuar para un público en xornada de mañá - comentábanos - unha sensación diferente que me gustaría repetir".

O reitor da UNED, Juan A. Gimeno, o vicereitor de estudantes, Álvaro Jarillo, a vicereitora de Tecnoloxía, Covadonga Rodrigo, representantes da ONCE ou a Fundación Vodafone España, foron algúns dos presentes que puideron gozar do humor galego de Yésica.

Durante o acto, que se celebrou no centro asociado das Escolas Pías, falouse de accesibilidade, recursos de apoio, voluntariado, entre outras cuestións fundamentais para os 7760 alumnos matriculados na UNED con minusvalidez neste curso académico.

Como un éxito académico-empresarial asinouse a creación da Cátedra de Tecnoloxía e Accesibilidade UNED-Fundación Vodafone España, o que supón unha vez máis, outro compromiso de mellora.

A UNED traballa para facilitar e axudar na educación superior a persoas con minusvalidez, por iso actualmente acolle o 40%de alumnos minusválidos. Para este labor creouse UNIDIS, o Centro de Atención a Universitarios con minusvalidez, cuxo obxectivo principal é garantila igualdade de oportunidades para todos os estudantes con minusvalidez, traballar para eliminar as barreiras de acceso así como asegurar a participación e aprendizaxe das persoas que pertenecena este colectivo.

Un exemplo deste esforzo mancomunado témolo en Yésica, que non tivo inconveniente en regalarnos o seu testemuño:

"O meu nome é Yésica Val e son estudante de Psicoloxía na UNED.

Dende nena sempre me sentín atraída polas persoas e as súas preocupacións. Interesábame polos problemas das miñas amigas e aínda que xa era moi parlanchina gustábame escoitalas para logo aconsellalas. Sempre me poñía no lugar dos demais, defendía aos débiles e aproximábame a eles para incluílos no meu círculo, Me gustaba axudar a quen o necesitaba.

En definitiva, tiña unha madureza e unha sensibilidade especial para a miña idade escolar.

Como era moi soñadora non tiña moi claro ao que me quería dedicar de maior. Quería ser amazona, bailarina, actriz, pintora, escritora, xornalista ou psicóloga. Hoxe cos meus 33 anos sigo levando a esa nena dentro, de aí a muller idealista que son.

Ségueme pasando, interésanme tantas cousas, que quixese dedicarme a todas.

Tiña, terei e teño moi claro que o traballo é o setenta e cinco por cento da vida polo que quero pasarme ese setenta e cinco por cento da miña vida gozando. Facer algo que me gusta e enriba que me paguen por iso se pode entender como clara felicidade.

O traballo non pode ser simplemente fonte de ingresos, tería que ser tamén fonte de enriquecemento persoal. Todos somos bos en algo, só tenemos que descubrir en que. A min gústanme tantas cousas que non sabería distinguilo que quero que sexa afección e o que fora traballo porque calquera destas cousas me teñen que apaixonar.

É curioso que non obstante, nunca fun moi boa estudante. De feito, nin os meus profesores nin os meus pais apostaban a que eu cursase unha carreira, e ironías da vida, vou pola segunda. Realicei Relacións Laborais na Universidade presencial porque tiña saída naquel momento e coa miña media non accedía a Psicoloxía nin a Periodismo e os meus pais opoñíanse a que me fose a Madrid a estudar Arte Dramática.

E malia que Relacións Laborais non me estaba a entusiasmar, encontrei a oportunidade de tirarlle proveito cando descubrín que con ela podería dedicarme a Técnico en Selección de Persoal e continuar con Psicoloxía Industrial ou Laboral.

Estaba a rematar a carreira, quedábanme dúas materias cando me diagnosticaron unha enfermidade dexenerativa da retina. Unha lesión irreversible que me deixaría cega en poucos anos. Foi unha noticia espantosa. Todos os meus proxectos de vida, todas as miñas ideas, todas as miñas ilusións se foron ao garete arrastrados e afogados polas bágoas da impotencia.

E aínda que destruída, un día me erguín para seguir perseguindo os meus sonos.

Comecei a traballar de administrativa na Delegación da ONCE de Vigo, en Saúde Laboral e ese mesmo ano rematei a carreira. Continuei no Departamento de Graduado Social e en moi pouco tempo en Alentis, unha empresa de ONCE, no Departamento de Persoal. Non me gustaba moito a saída que me estaba a ofrecer a carreira de Relacións Laborais e matriculeime en Psicoloxía pola UNED.

Ademais parecíame que en todos os casos unha persoa cega podería exercer perfectamente como psicóloga.

Así que mentres tanto, eu ía traballando en distintas empresas como administrativa e compatibilizándoo coa nova carreira.

En ambos os dous ámbitos, profesional e de estudo, utilizaba adaptacións ao posto e aos estudos.

Estas adaptacións á minusvalidez visual consisten nunhas ferramentas que facilitan a tarefa con ampliacións en papel ou por medio de telelupas ou programas de voz e audiolibros que le a información coa que se traballa.

Hai un par de anos levaba xa algúns anos traballando para unha empresa de Gas Natural e vinme obrigada a solicitar a incapacidade para a miña profesión, dado queya perdera toda a visión.

Hoxe dedícome a todo iso que me fai feliz. Hoxe vexo máis que nunca que a vida é a oportunidade para facer todo iso que un quere facer e non existen máis barreiras que as que un se quere poñer.

Estoume dedicando a moitas cousas pero entre elas o teatro, a danza e a Psicoloxía.

Na miña opinión, malia que existen moitas intencións de integración á minusvalidez, aínda hai moito por facer e eu encóntrome con moitos obstáculos ao longo do curso. Non é doado, nada doado pero a min non me derrota nada. Eu tropézome, caio e vólvome erguer.

Se remato Psicoloxía, que o farei, seguirei con Periodismo. "

857643745537106486deb8576436547ec1b3b65e5b
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es