Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Lección maxistral sobre emocións e motivación

22 de abril de 2013

Enrique García Fernández-Abascal é Catedrático de Psicoloxía da Emoción na UNED, estivo no Centro Asociado UNED-A Coruña dirixindo o curso: "O desenvolvemento emocional".

Enrique García Fernández-Abascal é Catedrático de Psicoloxía da Emoción na UNED.

Arredor de trinta anos ao servizo do estudo dasemocións. Os seus comezos na actividade académica foron na Universidade Complutense de Madrid, posteriormente estivo na Universidade de Cantabria para trasladar a súa docencia, finalmente á UNED. Onde permanece dende o ano 2000 na Facultade de Psicoloxía.

Autor de artigos científicos, publicou máis dunha vintena de libros especializados no campo da Psicoloxía, en concreto na área da Motivación, a Emoción, Estrés, a Creatividade, etc..

Os días 22, 23 e 24 de abril, estivo no Centro Asociado da Coruña presentando dous relatorios para o curso: "O desenvolvemento emocional".

P.- Profesor, dedicou moitos anos ao estudo das Emocións Positivas, escribiu libros, imparte clases a alumnos universitarios e non universitarios. Na súa opinión, verdadeiramente podemos controlar as nosas emocións?, e se así fóra, hai algunha fórmula para controlalas e manter un equilibrio entre Emocións negativas vs. Emocións positivas?.

R.- "Máis que controlar as emocións, o que hai que facer é regulalas.Controlalas implica suprimilas ou reprimilas, e iso non é adecuado xa que remata producindo serios problemas adaptativos. Pola contra, regulalos supón ser capaz de obter os beneficios desas emocións e reducir ou eliminar os seus posible efectos indesexados.

Por exemplo, unha emoción de medo avísanos de que percibimos algún perigo e de que debemos ter especial coidado para non sufrir determinados danos, pero unha vez realizado o aviso e mobilizada a conduta apropiada, manter no tempo a emoción de medo non nos achega xa nada e, polo tanto, é importante desactivala; isto é o que fai a regulación emocional.

Precisamente a mellor forma de regular as emocións de ton hedóniconegativo é usando emocións de ton hedónico positivo.

O equilibrio ou relación entre emocións negativas e positivas, sabemos que debe ser de 3 positivas por cada negativa. Esta relación é a óptima para obter todos os beneficios que proporciona o que se coñece como positivida de que é un conxunto de benestar efectivo, equilibrio, autoestima, mellor rendemento cognitivo, etc. Mentres que por debaixo desta relación, é dicir de 2 a 1 e mesmo de 1 a 1, as emocións positivas só logran paliar os efectos das negativas sen achegarnos nada máis. E por debaixo destas ratios, cando o afectonegativo é máis frecuente que o positivo, a nosa vida pode ser un inferno xa que non só teremos pouco afecto positivo senón que se mantemos esta situación nos levase a desenvolve unha incapacidade de gozar de todas as cousas, un estado progresivo de anhedonia.

P.-Durante un tempo dedicouse a estudar e afondar entorno ás emocións negativas, o seu impacto e efectos na saúde. Que destacaría deses anos de estudo?. Cual foi o detonante que o fixo dar unha volta de rosca ás emocións positivas?.

R.-"Creo que xa sabemos algo de como as emocións negativas afectan desfavorablemente á saúde. Pero sabemos moi pouco como as emocións positivas afectan favorablemente á saúde. Polo tanto, é o momento de estudar estes efectos beneficiosos das emocións positivas, sen perder de vista que haberá deseguir estudando con máis profundidade os efectos das negativas.

Creo que setrata dun punto de madureza en estudo da emoción, estamos nunha situación ondenon só debemos conformarnos con paliar os efectos indesexados que determinadas emocións producen sobre a nosa fisioloxía, senón que xa debemos empezar a realizar intervencións preventivas.

Aprender non só que é o que fai enfermar algunhas persoas, senón que é o que evita que outras persoas enfermen Y todo isto parece mediado polas emocións de diferente valencia afectiva.

Durante anos estudei por exemplo, como determinadas emocións como a hostilidade, a depresión e a ansiedade son responsables de que determinadas persoas que tiveron unha cardiopatía isquémica teñan un maior risco de que serepita esa cardiopatía. Agora estamos a estudar cales son as emocións que fan o contrario, que esas persoas non repitan a cardiopatía. Precisamente esas emocións son de ton hedónicocontrario ás anteriores, son as emocións positivas.

P.- "Membro da Asociación de Motivación e Emoción AME,da que é fundador. Punto de encontro de estudosos e profesionais, do campo da Motivación e Emoción, principalmente do ámbito universitario. Porqué xorde a idea a Asociación?. ¿Cal é o seu principal cometido?.

R.- "O estudo regulado das emocións na universidade española estivo marxinado durante moito tempo. Nun momento, hai xa 12 anos, unha serie de docentes interesados na promoción do estudo dunha materia centrada na Psicoloxía da Emoción constituímos ÁMEA, a asociación de motivación e emoción, que cos anos foise consolidando e é hoxe en día, punto de encontro non só de docentes, senón de tamén de todo tipo de profesións interesados no estudo da emoción.

Nestes momentos os seus principais cometidos son dous. Por unha parte organízase bianualmente unha reunión que non só reúne a todos os profesionais deste campo, senón que sistematicamente atrae estudosos estranxeiros para crear redes de traballo e colaboración. E por outraparte, ten establecidos varios premios para investigadores noveis, que intenta atraer e crear novas xeracións de estudosos das emocións".

P.- É habitual ver un curso seu dentro do programa de Cursos de Verán da UNED. Actividade formativa que ten como destinatarios aopúblico en xeral. Igualmente é habitual que se completen as prazas. Por quediría que os seus cursos teñen unha resposta tan positiva?. Polo xeral, quebusca un alumno e que encontra cando se matricula nestes cursos?.

R.- "Eu entendo que os cursos de verán deben xuntar parte formativa con actividades de carácter lúdico, para iso é verán. As emocións positivas préstanse especialmente a este dobre papel e, por iso, creo que resultan uns cursos moi atractivos. Ademais, a temática das emocións positivas non só achegan a parte formativa ou académica que pode ser útil aos asistentes, senón que ten outra faceta vivencial e de enriquecemento persoal, e polo tanto o seu estudo resulta de novo altamente atractivo.

Como consecuencia a estes cursos non só se achegan profesionais da psicoloxía, senón que resultan de interese para todo tipo de profesionais que na súaactividade haxa unha importante faceta de contacto con outras persoas.

P.-Actualmente imparte no Centro Asociado da UNED na Coruña un curso sobre "ODesenvolvemento Emocional". Un dos seus relatorios leva o título"Maduración emocional e vida plena". Na súa opinión, que procesosofren as emocións na etapa da madureza?. E na terceira idade?".

R.- "O proceso de aprendizaxe emocional non se para en ningún momento. Aínda que a maduración emocional é moi importante e transcendente na primeira infancia, o proceso de maduración continúa ata o último momento da nosa vida. Coa idade as novas emocións que imos desenvolvendo son globalmentemenos intensas, ao mesmo tempo que menos extremadas, é dicir menor negativas e tamén menos positivas, os acontecementos da vida nos presentan os seus elementos positivos e negativos ao mesmo tempo. Por iso, é importante aprendera gozar de novas cousas para que o montante de afecto positivo non se vaia perdendo ou reducindo drasticamente.

Por outra parte, outros elementos emocionais como a regulación emocional ou acapacidade de ser empáticos, é algo que debe ir crecendo coa nosa idade, xa queo mundo no vivimos vaise complejizando e as nosas habilidades emocionais ten que seguir adaptándose constantemente a esas novas necesidades e de mandas do ámbito"

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es