Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Toda unha vida dedicada á UNED

10 de junio de 2013

José Ramón González Álvarez, alumno, profesor titor e secretario do Centro Asociado da UNED na Coruña.

P. Durante todo o ano pasado a UNED estivo a celebrar 40 anos da súa creación. Son moitos anos de dedicación e vinculación ao centro asociado en Coruña, tanto como secretario do centro como docente. Que é o primeiro que lle vén á cabeza aobotar a vista atrás?

R.- Cando se me propuxo que achegase o meu testemuño sobre os meus recordos e a miña vinculación á UNED para conmemorar os 40 anos da súa fundación, sentinme moi honrado polo cariño que lle teño a esta institución. Son moitas as memorias de todo tipo que conservo como alumno, como profesor titor, como secretario xeral no centro da Coruña e durante un curso académico, coas funcións engadidas de director. Actualmente sigo como profesor titor en materias da Facultade de Educación".

P. O seu primeiro contacto coa UNED foi como estudante. Falamos da década dos 70 e dunha universidade que acaba denacer e que tiña moita máis ilusión que recursos. Como era ser alumno UNED entón?.

R.- "Por circunstancias da vida non puiden estar a estudar unha carreira universitaria aos dezaoito anos. Non obstante, tras o meu exame de ingreso en Telefónica, a etapa de formación na empresa en Barcelona,o exercicio profesional na mesma cidade, algún traslado de residencia polomedio, o inevitable servizo militar,… unha vez asentado con praza na Coruña, aparece nos medios de comunicación unha noticia: a creación da Universidade Nacional de Educación a Distancia en Madrid. Ilumínaseme a mente e de novo acéndeseme o desexo de estudar.

O primeiro centro, que entón chamaban rexional, erixiuse en Las Palmas e o segundo en Pontevedra. A este pertencín eu como alumno ata o ano 1979, en que me licenciei sen un expediente brillante pero sen repetir nin unha soa materia.

Como era previsto foron uns anos moi duros, de moito traballo; pero, con gratos recordos. Por se fose pouco traballar unha xornada laboral normal e facer simultáneamente a carreira, en Telefónica creouse unha escola de formación para empregados na que colaborei como docente neses anos cunha dedicación de 11 horas semanais de clase, ademais da súa correspondente preparación.

Volvendo a vista atrás, aínda hoxe non me explico como puiden aguantar aquel ritmo de traballo, o sempre alto nivel esixido pola UNED e todo o demais. Tiven que organizar moi ben o tempo, quedar sen vacacións durante anos e ter outras privacións para compatibilizartodo aquilo e ir cimentando unha familia con dous fillos.

Ademais da ilusión que rodeaba toda a miña actividade, gratificábame o que paralelamente ía conseguindo con bolsas que premiaban o meu esforzo: o padroado do centro da UNED en Pontevedra, a Deputación da Coruña, o extinto PPO (organismo de promoción profesional obreira dependente do Ministerio de Traballo) e Telefónica, subvencionáronme simultánea ou alternativamente durante os distintos cursos académicos.

Recordo as miñas viaxes a Pontevedra para examinarme e iniciar unha amizade con algúns compañeiros, amizade que aínda perdura. Recordo en cada materia aquelas seis unidades de seis temas cada unha que sucesivamenteseos ían enviando ao longo do curso académico e os seus cadernos de avaliación a distancia, os sobres franqueados que entregabamos coa nosa dirección con cada exame para que os equipos docentes nos envíasen a papeleta coa cualificación... "

P. Finalizada a súa etapa como alumno, comeza un novo período como membro do equipo directivo do recén estreado centro asociado coruñés. Podería describirnos eses inicios?.

R.- "En virtude da firma dun convenio entre a UNED e o Servizo de Universidades Laborais do Ministerio de Traballo creouse por orde ministerial de 1 de decembro de 1976 (BOE15/1/77) o centro da UNED na Coruña e os doutras cinco universidades laborais.

Xa avanzado o curso 1981-82 fíxome unha grande ilusión empezar a exercer comoprofesor titor no centro da Coruña. Pero, finalizadoese curso, este centro estivo a punto de desparecer. Non vou citar a unha autoridade política autonómica de entón que fixo os medios para que desaparecese, implicando varios subordinados, aínda que non lle saíu ben axogada, pois o entón reitor da Universidade Laboral da Coruña, Pascual Sempere abriu a secretaría para a matriculación de alumnos na UNED.

Non obstante, as cousas complicábanse, pois naquel momento eran transferidas as competencias de educación á administración autonómica e había que buscar un soporte que propiciase a continuación de algo que non estaba entre as transferencias, a UNED.

Pendentes da creación dun padroado ou fundación que sostivese economicamente o centro, os 755 alumnos matriculados reclamaban unha atención. O coordinador de centros asociados da UNED Julián Morales desprazouse a Coruña para facer xestións coas institucións. As prazas de director, secretario e profesores titores anunciáronse a concurso público o 17 de novembro de 1982

Eu fun elixido para secretario xeral e para profesor titor. Dado que uns días antes o panorama era sombrío en canto á continuidade do centro, La Voz de Galicia publicou o 22 de outubro un artigo meu titulado El negro futuro de UNED- Lenta reacción coruñesa. "

P. Sen dúbida foron moitas as dificultades económicas e político-administrativas do momento. Como eran esas dificultades no traballodiario no centro asociado?. Como responsable do equipo directivo, como viviu aquela etapa?.

R.- "Comunicada a resolución das prazas nos últimos días de novembro, era urxente poñerse a traballar, sobre todo os órganos de dirección; pero, as dificultades eran moitas. Non tiñamos diñeiro e tardamos meses en telo. Non tiñamos mobiliario, non tiñamos persoal de administración e servizos. As dúas dependencias, moi reducidas, que nos facilitaron na Universidade Laboral estaban moi mal situadas, rodeadas da lavandaría, a enfermaría e a cociña e distantes das aulas compartidas. Estas só podiamos usalas en horario de tarde fóra das horas de uso dos seus titulares, os do C.E.I.(Centro de Ensinanzas Integradas, noutro momento chamado I.N.E.I.e ata había pouco tempo chamada universidade laboral).

Recordo que para facer o meu primeiro certificado como secretario a unha alumna tiven que pedir unha máquina de escribir prestada. Son moitas as anécdotas; pero, tratarei de centrarme no máis substancial.

As titorías ou clases de nove carreiras comezaron no mes de decembro con 41 profesores titores. Curso a curso fóronse ampliando o número de titores e de titulacións. A situación aínda era preocupante, parecía que había boas intencións, pero as institucións tardaron en dar o paso definitivo de constitución do Padroado xa en 1983.

Moitos traballos administrativos levábaos eu para casa ata que no mes de marzo de 1983 tivemos a primeira persoa de administración e servizos en secretaría e a segunda no mes de abril, en conserxaría.

Ao inicio do seguinte curso xa dispoñiamos de máis persoal. Pero, estabamos extremadamente incómodos naquelas precarias instalacións, supeditados sempre á prioridade que marcaba a dirección do C.E.I.

Así, en 1987, trasladámonos a unhas instalacións desperdigadas en tres edificios na praza Da nosa Señora da Sagrada Familia, as cales, aínda que non daban unha boa imaxe pola súas ituación, a súa inseguridade, a humidade dos vetustos edificios, a grandilocuente ornamentación dos tendales da roupa pola praza, interiormente os cubos de auga para acoller goteiras, etc.,permitíannos ter unha vida autónoma. Así eramos, así viviamos!.

Ademais da evidente precariedade de instalacións, había outra moi restritiva, o presuposto reducido e agraviante a calquera nivel comparativo. Para compensar parcialmente esta carencia presupostaria, os cursos de informática que organizabamos viñeron a ser un circunstancial remedio paliativo. "

P.- Tanto esforzo viu a recompensa co froito do traballo. Podería comentarnos cales foron os logros máis significativos que obtiveron?.

R.- "O centro foi crecendo e tiña que ser irremisible o cambio a unhas instalacións máis amplas, máis axeitadas e máis propias. Coa chegada dunhas eleccións autonómicas e a promesa electoral de D. Manuel Fraga, rematando xuño de 1992, coa presenza de non todas as autoridades locais, inaugurouse o actual edificio, que tamén alberga outros organismos.

O noso centro foi elixido pola sede central da UNED para levar a cabo probas e/ou representacións tanto anivel nacional como internacional.

Un exemplo sacámolo da acta do Padroado de 4-10-93 onde figura un informe do que extractamos "grazas ás novas instalacións, o noso Centro foi elixido pola Sede Central como centro piloto xunto cos de Tarrasa, Valencia e Cádiz.

Dese modo será un escaparate que, supoñemos, dotará de medios a Sede Central. O primeiro é que se vai instalar próximamente o servizo de videoconferencia. Ademais, tamén foi designado como eurocentro da Rede Europea de Universidades a distancia". Entre outros encontros nesa Rede, figura unha reunión no noso centro na penúltima semana de novembro de 1994.

O número de alumnos foi crecendo e as actuais instalacións, cos seus defectos e carencias, cumpren cos requirimentos a calquera nivel de servizo que se considere, secretaría, libraría, biblioteca, medios tecnolóxicos, etc."

P.- Dende a creación da UNED, foi alumno, máis tarde desempeñou un cargo no equipo directivo do centro asociado en Coruña e é profesor titor. Cunha perspectiva tan ampla desta universidade, podería facernos un breve resumo das súas conclusións?.

R.- "Son moitos os eloxios que en xeral merecen os nosos alumnos. Un amplísimo colectivo que non imaxinaron os fundadores da UNED. Un colectivo heteroxéneo representativo da sociedade.

Un colectivo que, en moitos casos, non tería feito unha carreira universitariase se non existise a nosa universidade. Un colectivo orgulloso dunha universidade esixente, organizada, facilitadora, próxima e avanzada.

A nosa universidade, a nosa UNED. "

joseramonjoseramon8255
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es