Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"As miñas obras son un canto ao optimismo"

9 de junio de 2013

Vanessa Lodeiro, artista plástica profesional e alumna do Grao de Historia da Arte.

Vanessa Lodeiro licenciouse en Belas Artes na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.Técnico Superior de Artes aplicadas da Escultura na Escola Pablo Picasso Da coruña. Completa a súa formación na mesma Escola na arte do baleirado e modelado.

Imparte clases de debuxo e puntura e participa en certames como xurado.

Participou nunhas corenta exposicións, individuais e colectivas dende que iniciou a súa traxectoria profesional.

É habitual ver os seus cadros na Feira de Arte Galega da cidade pero cruza habitualmente as nosas fronteiras. Galicia, algunhas das principais cidades de España e mesmo Paris e Nova York, foron testemuña da súa especial forma de ver a vida a través das súas pinturas.

E aínda lle queda tempo para estudar o Grao de Historia da Arte no centro asociado da UNED en Coruña.

P.- O pasado 5 de abril inauguraches unha exposición na Galería Sargadelos de Ferrol, "Sonos de papel", que estará dispoñible para todo o público interesado durante todo o mes de abril. "Esta mostra é un canto ao optimismo, a perseguir os nosos sonos con esperanza e ilusión - comentas - é unha exposición que xira en torno ao mar." ´ Como definirías as túas obras?.

R.- "As miñas obras son como comentabas, un canto ao optimismo. Nesta exposición falo dos sonos, da esperanza, e do importante que é manter a ilusiónen algo. Xa non do feito de conseguilo plenamente, senón ese momento de ilusióne de espera anterior.

Sonos de papel é unha mostra de obra que fala das persoas e as súas emocións,de anhelar momentos que poden chegar, os barcos de papel representan eses sonos, ás veces fráxiles e volátiles, sobre mares que como a vida vén e vai, achégachos e afasta... "

2.- Traballas varias técnicas; pintura, escultura, debuxo, modelado. ¿Con cal te sentes máis cómoda?. ¿Cal é a que che permite expresar mellor os teus sentimentos?.

R.- "Actualmente estou máis envorcada coa pintura, pero a escultura é unha materia pendente. De feito moita xente pregúntame cando farei máis pezas, pero a verdade por agora téñoa un pouco en segundo plano por temas de espazo no taller. Apaixóname a escultura e grazas a profesores como Gerardo Martínez e Paco da escola Pablo Picasso, descubrín técnicas que non coñecía e que pretendo seguir poñendo en práctica. Non descarto nun futuro facer algunha exposición só de esculturas. "

P.- Es unha artista moi nova pero cunha dilatada traxectoria profesional, ¿Sufriches a evolución dende os teus comienzos?. ¿Te imaxinas como serán as túas obras dentro de dez anos?.

R.- "Imaxino que as miñas obras seguirán tendo "a miña esencia" como o vexo agora en obras de hai 15 anos. Cambiarán, evolucionarán. Eu creo que un artista está en continua metamorfose e que o que nos rodea, os cambios nas nosas vidas, afectan tamén á nosa obra, polo que probablemente se notará esa bagaxe nos meus traballos cantos máis anos de labor teña ás miñas costas."

P.- Levas varios cursos matriculada no Grao de Historia da Arte. ¿Qué achégacheo teu paso por esta universidade?. ¿Axúdache o especial sistema de ensino da UNED a compaxinar a túa actividade profesional eacadémica?.

R.- "Estudar na UNED axúdame a seguir a miña formación dun xeito cómodo polo meu tipo de vida laboral. Obrigame a estar ao día, refrescar coñecementos e manter a mente esperta.

Alégrame poder ir cursando Historia da Arte ao meu ritmo, compaxinado co traballo. Despois de finalizar hai anos unha carreira moi práctica como BelasArtes, vénme ben ler todos os días e formarme noutras materias. "

P.- Unha confesión: á vista de todas as cidades que percorres para expoñer en distintos puntos de España e no estranxeiro, ¿acompáñante os libros de texto da UNED nas túas viaxes?.

R.- "Algunha vez confeso que sí me acompañaron. Sí que compartín horas de voo con exipcios e romanos. "

P.- Un sono alcanzable: ¿onde che gustaría expoñer e dar a coñecer a túa arte?.

R.- "A verdade en calquera sitio onde respecten o creador e o público estea interesado, paréceme válido. Na exposición de Sargadelos Ferrol tratáronme xenial, e organizan moitos actos polo que pasa un montón de xente pola sala.

Moitas veces tiven resultados moi bos en lugares que non son galerías ou salas ao uso. As feiras como a que se realiza na Coruña no mes de xullo tamén me achegan darme a coñecer e coñecer eu moita xente interesante coa que xorden proxectos durante todo o ano. Pero estou aberta a levar a miña obra a calquera punto do mundo. Viaxar apaixóname e combinar as miñas dúas paixóns é o ideal para seguir gozando do meu traballo. "

argafap201216
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es