Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O futuro xa é presente: UNED Aberta

2 de julio de 2013

A UNED facilita o acceso a recursos gratuitos para todo o público.

A UNED da varios pasos de xigante no seu especial sistema de ensino. Unha maior accesibilidade no ensino é un complemento á formación regulada para todos os alumnos matriculados nesta universidade. O centro asociado en Coruña, quere ofrecer unha información completa e detallada aos seus 5000 alumnos matriculados e ao público en xeral.

Que é e que ofrece a UNED Aberta?. É unha plataforma creada pola UNED, que aglutina os recursos educativos abertos da Universidade e que permite, a golpe de click, o acceso a estes de forma sinxela e clasificada por tipos de contidos e canles de distribución da UNED. Emisións de raio, televisión, contidos multimedia, recursos educativos, fondos históricos dixitalizados, multitude de actividades e proxectos... Todos eles están clasificados do seguinte xeito:

Cursos en Aberto

Recursos en Aberto

A UNED Aberta é un proxecto que ofrece a todos os cidadáns, a todo o público en xeral, a calquera usuario de internet, unha ampla oferta de recursos de libre acceso. Esta documentación e información, agora encóntrase de forma visible para todos e é de libre acceso. O obxectivo é aproveitar sinerxías e dar maior utilidade ao que xa existe, ofrecendo máis por menos.

Quen pode acceder?. Tanto os cursos (COMA, OCW, iTunes OU) como os recursos que recolle UNED Aberta, están dispoñibles para calquera persoa que queira acceder a estes, de xeito gratuíto. Só é necesario entrar nas seccións desexadas onde se mostran os enlaces a cada repositorio.

Que son os cursos masivos en Abierto?.

COMA. Son cursos online masivos e abertos a todo o público en xeral. É un instrumento importante para divulgar educación de forma xeral e unha oportunidade para todo o profesorado de mostrar ao mundo aquilo no que está a traballar, investigando. Son pequenas producións docentes que se poñen a disposición do cidadán en formato moi flexible.

Hai posibilidade de ter unha acreditación de ter realizado o curso?. Os cursos COMA consideran dúas opcións de certificacións oficiais, e unha informal:

  • Certificación informal mediante badges: Insignia UNED COMA conta cun sistema de xeración e emisión de insignias que certifican de xeito oficioso unha evidencia formativa lograda pola actividade e resultados dos alumnos en cada curso. Outórganse de forma automática segundo avanza o proceso de autoavaliación e non teñen nivel nin efecto académico ningún.
  • Certificado de aproveitamento: Credencial UNED COMA ofrece adicionalmente aos alumnos a posibilidade de obter un certificado oficial emitido pola UNED, unha vez superado satisfactoriamente o curso, recoñecendo a súa asistencia e finalización. Obtense completamente on-line e o seu custo variará, segundo cada curso, entre os 10 e 15 euros. Este título outórgase como propio da UNED e non ten o carácter oficial establecido no n.º 30 da Lei Orgánica 4/2007 que modifica o art.º 34 da Lei Orgánica 6/2001 de Universidades.
  • Diploma UNED COMA: Certificado. É a acreditación oficial, expedida pola UNED, de maior nivel que pode obterse no ámbito de UNED COMA. Outorgarase como no caso anterior, pero implica a celebración dunha proba presencial na rede de centros asociados da UNED e en centros colaboradores no exterior. O seu custo variará, segundo cada curso, entre os 40 e 60 euros. Estes certificados poderán ser recoñecidos como equivalentes a 1 -5 créditos (ECTS), segundo se fixe en cada caso. Este título outórgase como propio da UNED e non ten o carácter oficial establecido no n.º 30 da Lei Orgánica 4/2007 que modifica o art.º 34 da Lei Orgánica 6/2001 de Universidades. Esta modalidade de diploma é especialmente importante para os alumnos que queren acceder a este no centro asociado da Coruña.

Cando se poden facer estes cursos?. Os cursos pódense comezar e rematar cando un estime oportuno. Os prazos que se indican nestes son a título orientativo e, sobre todo, motivador. Incentivan a levar uns tempos, e a cumprilos de acordo cunha programación.

Como se pode acceder?. No portal principal da UNED, na pestana UNED Aberta. Hai que entrar na opción desexada e a golpe dun click, acceder ao repositorio de recursos. A disposición de calquera persoa de libre acceso.

Onde se aloxa na páxina web?. Á web UNED Abierta accédese dende a home da UNED (www.uned.es), a través da pestana situada á dereita no menú superior.

Cales son as súas vantaxes?. Mellora na forma de ensinar, moderniza o sistema, supón unha mellor utilización dos recursos, gáñase en calidade. É complementaria á oferta regulada, son dous camiños que traballan en paralelo.

A plataforma UNED COMA superou o millón cen mil visitas a nivel mundial. O número de matriculados en maio foi de 172.820 en total.

A UNED converteuse no mes de xaneiro na primeira universidade do mundo en outorgar certificacións oficiais aos estudantes que completaran un curso na súa plataforma UNED COMA, respondendo así á crecente demanda por parte das Comunidades Online Masivas de Aprendizaje Abierto.

Ata a data solicitáronse máis de 2245 certificacións para os cursos da plataforma UNED COMA.

O curso OCW 'Produtos de apoio e tecnoloxías da información e as telecomunicacións' foi galardoado recentemente co Premio ACE Course Awards: Multimedia Courses, outorgado polo Consorcio Mundial do OCW. Días antes, tamén foi distinguido co Premio MECD-Fundación Universia á accesibilidade, outorgado no marco da no marco da XIII Xunta Xeral de Accionistas de Universia.

O curso COMA 'Alemán para hispanofalantes: nocións fundamentais' tamén foi galardoado na mesma Xunta Xeral co I Premio MECD- Telefónica Learning Services-Universia ao mellor MOOC incorporado á plataforma Miríade X.

Para calquera cuestión relativa a esta noticia enviar un correo electrónico a comunicacion@a-coruna.uned.es

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es