Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aforo completo para "Os mitos e as estrelas"

12 de junio de 2013

A actividade comezou a onte pola tarde, con alta participación de asistentes.

"A mitoloxía grega e o firmamento", era o título da conferencia impartida por Pedro Javier González Rodríguez, Profesor titor do centro asociado UNED na Coruña. A presentación correu a cargo de Olga Rodríguez Rodríguez, delegada de estudantes da sección de Educación e membro da Agrupación Astronómica en calidade de divulgador.

O próximo venres 14 de xuño ás 19:00 horas, completará esta actividade unha conferencia no Planetario da Coruña que tratará sobre a preparación da observación astronómica, baixo a responsabilidade de Marcos Pérez Maldonado, director Técnico da Casa das Ciencias da Coruña.

Finalizada a expresada conferencia, ás 22:30 horas os asistentes desprazaranse ao Monte da Zapateira para realizar unha observación astronómica. Para esta observación, os asistentes matriculados terán a oportunidade de escoitar as explicacións que tal efecto lles brindará Borja González Tosar, Máster en Astronomia e Astrofisica na Universidade Internacional Valenciana.

Estas charlas pertencen ao Ciclo de Actividades que organiza a Delegación de Alumnos do centro asociado en Coruña. De acceso gratuíto para todo aquel que estivese interesado, revelou o grande interese que público ten en temas mitolóxicos e astronómicos.

Para calquera cuestión relativa a esta noticia enviar un correo electrónico a comunicacion@a-coruna.uned.es

p10001563199p10001647307p10001508810
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es