Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Máis dun centenar de alumnos sénior, recibirán os seus diplomas

3 de julio de 2013

O acto contará coa presenza de autoridades académicas, autoridades autonómicas, locais e coas intervencións de Xurxo Lobato e Manuel Rivas.

O encargado de clausurar o curso será o vicereitor de Centros Asociados, Antonio Fernández, que se desprazará á cidade da Coruña nun dos seus últimos actos ocupando o expresado cargo, xa que a toma de posesión do novo Reitor da UNED, Alejandro Tiana, está prevista para o próximo 8 de xullo.

O vicereitor estará acompañado na mesa pola vicereitora adxunta de Extensión Universitaria e Cursos de Verán, Consuelo Gómez López,por o Presidente do Padroado e membro da corporación da Deputación da Coruña, Antonio Cañás Varela, a secretaria xeral de Política Social da Xunta de Galicia, Coro Piñeiro Vázquez, a directora do centro asociado, Susana Blanco, a secretaria xeral do centro asociado, Ana Novo,que conducirá o acto, e o coordinador do programa Sénior do rural en Coruña, o párroco Luis Ángel Rodríguez Patiño.

O acto contará coas intervencións do fotógrafo coruñés Xurxo Lobato, o escritor tamén coruñés Manuel Rivas, e de Felipe Senén, profesor do programa Sénior.

Teñen confirmada a súa asistencia os alcaldes de Aranga, Paderne, Monfero, Guitiriz e tenente de alcalde de Xermade. Concellos colaboradores do programa Sénior do rural en Coruña.

Día: venres 5 de xullo

Hora de comienzo do acto: 12:30 horas.

Lugar: Salón de Actos del Centro Asociado UNED A Coruña

Para calquera cuestión relativa a esta noticia enviar un correo electrónico a comunicacion@a-coruna.uned.es

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es