Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Luis Ángel Rodríguez Patiño, moito máis que un sacerdote de pobo

23 de septiembre de 2013

Coordinador da UNED Sénior da Coruña, a universidade do rural, e unha das máis numerosas.

Coordinador do programa UNED Sénior no centro asociado A Coruña, recentemente cumpriu 30 anos como sacerdote na parroquia de Xestoso. Rematou oito carreiras universitarias; Filosofía, Teoloxía, Dereito, Dereito Canónico, Criminoloxía, Ciencias Políticas e Traballo Social. Estivo matriculado en Medicina e actualmente é alumno de Psicoloxía. E o que queda por vir.

De carácter inquedo, extrovertido, curioso e cunha actitude positiva ante a vida, Rodríguez Patiño é un referente para todos os seus fregueses.

Declaracións polémicas sobre a homosexualidade dentro da Igrexa, unha visión controvertida á hora exercer as súas tarefas pastorais e o seu constante esforzo por mellorar o día a día dos maiores do rural, fan de "Don Luis" un cura moi atípico.

Creou o Consello de Anciáns en Xestoso, o primeiro en España, máis tarde, co apoio da dirección do centro asociado UNED en Coruña, a universidade Sénior do rural. Proxecto no que están implicados varios Concellos e distintas Institucións públicas.

P.- Luis, ou Don Luis. Dende hai anos nas universidades españolas desenvólvense programas Sénior, pero nunca destinados maiores do ámbito rural. Como xurdiu a idea?, Había unha demanda latente e expresa do colectivo ou foi algo que se che ocorreu por outros motivos?.

R.- "Desde había case 20 anos víñanse celebrando cursos nas nosas parroquias. Varios cursos dirixidos aos diversos colectivos da nosa comunidade rural: nenos, mozos, mulleres, anciáns, baixo a plataforma do centro catequético de Xestoso-Cambás. Isto ía encamiñado a que se puidese crear no seu día, un centro que tivese dende unha aldea como a nosa, unha gran repercusión e así dinamizar o rural, cada vez máis envellecido.

Había o ano 1993 créanse as Xornadas "Saber envellecer" para estimular os maiores a un envellecemento activo. En primeiro instante intentábase que o maior non paralizará a evolución das nosas aldeas. Pero a pirámide poboacional cada vez estaba máis invertida, maior poboación maior e polo tanto había que contar con eles e aproveitar a súa memoria histórica-os seus coñecementos, a súa gratuidade como avó, o seu tempo libre e sobre todo, polo seu incremento. Ocupaban tres columnas importantes do edificio que é a sociedade.

Con todo isto, fúndase no ano 2000 o 1º Consello de Anciáns de España e dende ese momento empézase a cociñar con distintos ingredientes, cursos, talleres, viaxes, a recuperar oficios etc...

Estaba a empezar a universidade do rural. Un dos cursos que supuxo un gran vínculo co centro asociado da Coruña é o de Cuidadores de Maiores a Domicilio, no ano 2008.

A sede Central implanta experimentalmente a UNED Sénior e dende aí comézase a funcionar non a UNED Sénior, senón a UNED Sénior de Xestoso. Supón que por primeira vez a universidade xorde, actúa e impártese no rural para o rural, tendo en conta as súas características peculiares: distancias, locais non ben equipados, etc... pero vén a ser a primeira en número e na idade media: 75 anos".

P.- Tal e como está o escenario institucional, hoxe en día non parece doado comezar un proxecto destas características senón se conta con apoios. Cales foron as principais dificultades ás que tiveches que enfrontarte para que saíse adiante?.

R.- "É verdade, que os alicerces estaban botados pero debiamos contar co aspecto económico e para iso reuniuse os distintos alcaldes dos 6 Concellos que se uniron a este proxecto para pedirlles a súa colaboración. Todos aceptaron e puidemos empezar.

Pero o seu mantemento é custoso e se a isto engadimos que son maiores e con pequenas pensións, sostelo se fai aínda máis gravoso. Por iso pediuse axuda a institucións privadas: A Caixa, e institucións públicas a través das distintas asociacións: Deputacións da Coruña e Lugo".

P.- Para todos aqueles que descoñecen estes programas, poderías dicirnos a diferenza, nun día a día académico entre un universitario sénior e un sénior do rural?.

R.- "A UNED Sénior de Xestoso é unha universidade sénior coas mesmas funcións e ensinanzas que as outras Uned Sénior de España e así como as universidades Sénior do noso Estado español. Pero a diferenza está en que as súas materias son adaptadas ás persoas do rural. As súas actividades non só académicas senón que dinamizan con gran variedade de actividades nosas aldeas e fanas así de apetecibles aos da cidade que se achegan a ver as nosas actividades e quedan admirados do traballo realizado polos nosos alumnos; maiores de 75 anos, con algunha minusvalidez, etc... pero con grande ilusión e que sen ordenadores son capaces de dar coferencias a outras universidades. Enchen un auditorio que se asombra da súa sabedoría innata e espontánea. Un exemplo témolo na conferencia sobre o Cambio Climático nun encontro das Sénior de Galicia no Paraninfo da Universidade da Coruña.

As súas viaxes para aprender en situ, as súas clases de música con actuación do Coro de La UNED Sénior e sobre todo a súa constancia para asistir ás clases, fixeron que nos concedesen por parte do Ministerio de Asuntos Sociais o recoñecemento como a mellor práctica na zona rural, dentro do programa "Encrave rural".

P. -Créditos, materias, plans formativos..., unha linguaxe nova para a maioría dos matriculados, ou non. Coméntanos como é o perfil do alumno.

R.- "Nunca na súa vida escoitarán créditos para referirse á educación ou as clases.Crédito era para asuntos monetarios relacionado con ansiedade de pedilo ou ter que pagalos. É así.

Agora parecen uns especialistas e son o asombro para moitos universitarios: persoas tan maiores en idade e sobre todos da Galicia interior poidan estar ao día en asuntos académicos.

Son persoas non maiores, senón moi maiores, a idade media é de 70 a 75 anos e mesmo 80 años.Son persoas que se foron á escola, unicamente puideron asistir ás primeiras regras, como din ellos.Son persoas que non tiñan sálido das súas aldeas e lugares e ahoran coñecen máis que os das cidades. Son persoas que temían falar da súa vida -pensaban que non era importante- e se lles dió un gran valor á súa experiencia e a súa memoria histórica. Son persoas que non se valoraban eles mesmos nin o seu traballo-somos de aldea, dicían- e agora son da UNED Sénior".

P.- Durante estes anos, o programa formativo da UNED Sénior A Coruña sufriu cambios e melloras. Como foi esta evolución e en que afectou principalmente?.

R.-"La UNED Sénior inxectou autoestima aos maiores da zona rural: eles valen e poden. Creou unha solidariedade entre as distintas parroquias e entre concellos diferentes, abriu a mente, non son os anciáns atrasados das aldeas. A través das súas viaxes (a Francia, Inglaterra, Alemaña) miran a outras culturas cunha mente máis flexible e aperturista, xa que comprenden mellor a motivación da xente para mellorar as súas vidas: un exemplo na viaxe a Ceuta, Marrocos. Son exemplo para os seus netos ao non se estancar e traballar o envellecemento activo. Están abertos a todas as actividades e participan dentro dos seus posiblidades, en todos os eventos que realizan.

En definitiva: crearon un clima de ilusión e ganas de vivir.

" - Nós tamén queremos chegar a ser maiores e facer e ir donden van os maiores da UNED Sénior"- esta é a frase que máis se repite tanto nas nosas aldeas e Concellos, como noutros Concellos onde escoitan a grande actividade que realiza este colectivo,"

P.- Luis, dende que aterraches en terras chairegas non paraches de mobilizar e dinamizar a vida dos teus paisanos. Nun primeiro momento, como dixeches en varias ocasións, mirábante con receo. Agora es un guía e non soamente espiritual para eles. Cal é o seguinte proxecto para os teus maiores parroquianos?.

R.- "Non aos asilos nin residencias para maiores das zonas rurais e intentar que os distintos lugares onde viven, compostos de 4 ou 5 casas, se convertesen nas súas verdadeiras residencias. Una casa central onde estarían todos os servizos centrais e esenciais e as demais casas para xente que poida valerse por si mesma e outras para aloxar aos que non poidan hacerlo. Estas residencia-aldea sería atendida especialmente pola xente dos seus lugares con axuda da administración e así nunca sacariamos aos anciáns do seu ámbito e ademais todos terían traballo cuns poucos recursos.

Outro proxecto é facer unha escola de música para todos en xeral e especialmente interxeracional, que recollese a memoria histórica a través da música. "

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es