Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Semana extraordinaria de Probas Presenciais

29 de agosto de 2013

Do 2 ao 7 de setembro na sede do centro asociado.

Descarga AQUÍ o folleto con toda a información en PDF

Descarga AQUÍ 10 preguntas frecuentes sobre os exames na UNED.

Descarga AQUÍ a guía de como examinarte.

Consulta AQUÍ o Regulamento de Probas Presenciais e a súa posterior modificación.

De qué te podes examinar

  • Graos, Licenciaturas, Diplomaturas e Enxeñarías.
  • Máster EEES
  • Curso de Acceso a maiores de 25 e 45 anos
  • CUID

Onde te podes examinar

Na sede Centro Asociado na cidade da Coruña, rúa Pepín Rivero, 3.

Os alumnos matriculados na Aula de Ferrol deberán examinarse no Centro Asociado coruñés.

Para examinarse noutro Centro Asociado é necesario solicitalo por escrito, á atención do Director do Centro de destino, xunto cunha fotocopia do resgardo de matrícula e indicando os datos e as materias obxecto de exame.Preme AQUÍ para acceder ao formulario de solicitude.

Se se trata de Centros no estranxeiro é conveniente solicitar información da sede de exame con anterioridade.

Cando debes examinarte

O día e hora fixados para a materia elixida no calendario xeral de exames.

Requisitos para examinarte

Ter o carné de estudante do curso académico en vigor e levalo o día do exame.

É necesario acompañalo co DNI ou pasaporte no caso de que algún membro do Tribunal de Probas Presenciais o poida solicitar para comprobar algún dato.

Serán os documentos obrigatorios e necesarios para atravesar o posto de control. Posto que dispón dunha lectora óptica e é a forma de obter a folla de exame no que deberá figurar: os datos persoais do alumno, materia e número de fila e asento, así como duración da proba e instrucións necesarias para a súa realización.

É necesario cumprir correctamente esta folla de exame.

Os alumnos que teñan concedida adaptación, deberán traer ao exame a Resolución concedida.

Hora de presentación

O recomendable é comparecer polo menos, 15 minutos antes da hora fixada para a convocatoria de exame, fronte á aula onde se celebre.

Normas dentro da aula de exame

Durante a primeira media hora dende o inicio do exame poderase acceder á aula onde se realice o exame. Se o alumno chega tarde, dispoñerá unicamente do tempo que reste para a realización da proba.

Comezado o exame é necesario permanecer na aula ata pasada media hora.

Só se permitirá o material expresamente autorizado durante o desenvolvemento do exame.

Non está permitida a utilización de dispositivos electrónicos de comunicación dentro da aula de exame.

Duración das probas extraordinarias presenciais de setembro

Hai unha soa semana de exames, do 2 ao 7 de setembro.

Exame de reserva

Casos nos que se pode solicitar reserva de exame:

  • Por motivos xustificados recollidos no Regulamento de Probas Presenciais que deben acreditarse documentalmente.

  • Se coinciden dous ou máis materias nunha mesma sesión. Neste caso poderase solicitar a reserva no momento de entrega ao Tribunal de Probas Presenciais o exercicio que lle dá dereito a el.
  • Necesario solicitar e xustificar a reserva ao Presidente de Tribunal de Probas Presenciais antes do día fixado para reserva.
  • O presidente do Tribunal, sobre a base da documentación recibida, valorará se concede ou denega a solicitude. Tal consideración será comunicada ao alumno. Pulsa AQUÍ para acceder ao formulario de solicitude de reserva.
  • Hai un día de reserva para os exames nos Centros Nacionais e para os exames nos Centros Estranxeiros

Tribunal de Probas Presenciais

Constitúese ao comezo da semana de exames.

Permanecerá na aula de exame e será o responsable de dirimir calquera cuestión que se suscite durante o transcurso deste.

Convocatorias

Na UNED hai convocatoria de exames en xaneiro/febreiro, maio/xuño e setembro.

As convocatorias de xaneiro/febreiro e maio/xuño non computan, é dicir, non se consideran convocatorias finais, senón parciais (non "corre" a convocatoria).

Setembro é a única convocatoria que computa para os efectos de esgotar as convocatorias.

Cada alumno dispón dun total de seis convocatorias por materia. Esgotadas as seis convocatorias, en caso de presentarse o alumno en setembro e non superar a materia, pode solicitar a convocatoria de graza. O prazo publícase a comezos de cada curso.

Consulta as cualificacións

Por internet, na Secretaría Virtual, unha vez identificados na páxina principal, en Campus UNED.

Ruta: Portal UNED - Acceso a Campus - Identificarse no campus - Acceder á Secretaría Virtual - Ver Cualificacións.

Revisión de exame

O prazo máximo para solicitar a revisión de exames será de 7 días naturais contados a partir do día da publicación da nota na Secretaría virtual da UNED. Unha vez recibida a solicitude de revisión, o profesor responsable da cualificación terá de prazo para responder, ata a data oficial da entrega de Actas.

No caso de que o estudante non estea conforme co resultado da primeira revisión, poderá solicitar, de forma motivada e nos 5 días naturais seguintes á recepción do resultado da primeira revisión, a constitución dunha Comisión de Revisión que realizará unha segunda revisión do exame. A presentación desta solicitude non impide a inclusión en Actas das cualificacións obtidas tras a primeira revisión.

En caso de que o estudante siga en desacordo coa cualificación do exame, poderá presentar recurso de alzada ante o Reitor no prazo dun mes a contar dende a recepción do resultado da valoración da Comisión de Revisión. A interposición deste recurso ou calquera das reclamacións anteriormente citadas, non suspende os efectos académicos derivados das cualificacións dos estudantes.

A solicitude de revisión e a resposta do profesor responsable deberán ser motivadas e axustarse aos criterios académicos de corrección que fixase cada equipo docente. As solicitudes carentes de motivación non serán admitidas. Preme AQUÍ para acceder ao formulario de petición de revisión de exame.

Para acceder a toda a información sobre exames, segue a ruta na nosa web: Páxina de Inicio - Son alumno - Exames.

Para calquera cuestión relativa ao contido desta noticia, enviar un correo a info@a-coruna.uned.es

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es