Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Comezamos setembro con exames

4 de septiembre de 2013

Durante toda esta semana, o centro asociado celebra a semana extraordinaria de probas presenciais.

Nervios, moitos nervios para unha semana intensa e nada doada.

En quendas de mañá e tarde, os nosos alumnos poderanse examinar de todas aquelas materias cuatrimestrales ou anuais de Grados, Licenciaturas, Diplomaturas ou Enxeñarías.

Alumnos de Másteres EEES tamén terán a oportunidade de presentarse ás probas correspondentes ao seu programa de estudos ao longo desta semana.

Acompañaranos todas aquelas persoas que se tivesen matriculado no curso 2012/2013 nos cursos de acceso a maiores de 25 e 45 anos.

O centro asociado UNED A Coruña implanta no próximo curso 2013/2014 o CUID, Centro Universitario de Idiomas a distancia. Non obstante, alumnos matriculados noutros centros asociados, poden examinarse no centro coruñés, se o solicitan en tempo e forma.

Moita sorte aos case 5000 alumnos que estades convocados!.

Para máis información sobre exames, consulta o apartado específico na Web, ruta: Páxina de Inicio - Son alumno - Exames.

Podes poñerte en contacto coa secretaría enviando un correo a info@a-coruna.uned.es ou chamar ao teléfono 981 14 50 51.

Se queres ver a noticia publicada sobre a semana extraordinaria de Probas Presenciais, pulsa AQUÍ.

p1000445
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es