Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"A puntualidade é esencial para o bo desenvolvemento das probas"

3 de septiembre de 2013

María Ángeles Escobar, presidenta do Tribunal das Probas Presenciais extraordinarias de setembro.

María Ángeles Escobar Álvarez, presidenta das Probas Presenciais de setembro que se celebran esta semana no centro asociado coruñés. É profesora titular de universidade no departamento de Filologías Extranjeras e as súas Lingüísticas da Facultade de Filoloxía da UNED.

Escobar imparte clases nas carreiras en extinción das seguintes materias: na Diplomatura de Turismo, de Lingua Inglesa III, en Filoloxía Inglesa, de Sintaxe Inglesa e Modelos Teóricos Descritivos da Lingua Inglesa.

Tamén imparte docencia nas carreiras de recente implantación: Grao en Turismo, a materia de Inglés II para Turismo. Grao en Estudos Ingleses: Literatura, Lingua e Cultura, Sintaxe Inglesa - é coordinadora desta materia- e Aplicacións da Teoría Sintáctica.

Nos programas de Máster é responsable das materias de Análise psicolingüística da adquisición do inglés,Educación bilingüe no marco europeo: Lexislación e política europea e Introdución ás tecnoloxías da información e a comunicación.

Imparte docencia na UNED dende o ano 2003.

P. Esta semana celébranse exames extraordinarios na UNED. Como é habitual á hora exacta en todos os centros asociados e en todos os casos, cumprindo os mesmos parámetros e requisitos baixo o abrigo do Regulamento que regula o desenvolvemento destas probas. Cal é o labor principal dun presidenta de Probas Presenciais nun centro asociado?.

R.- "O labor principal é que todas as probas se organicen de acordo co Regulamento de Probas Presenciais. É por este motivo que cada presidente debe coñecer e saber aplicar todos os cambios que se puideron suceder ao respecto, ao igual que o resto dos membros do Tribunal.

A puntualidade é esencial para o bo desenvolvemento das probas. Permítese ao alumno acceder dez minutos antes á sala de exame e así coordinar o comezo de exames á mesma hora en todos os centros de toda España, para que non perdan tempo.

A luz ou o espazo son dous elementos que se deben coidar para a comodidade que necesita o alumno durante o proceso de exame.

Revisar a loxística das salas onde se celebren os exames, o alumno debe estar cómodo durante o tempo que transcorra a realización das probas. Solucionar as incidencias que se susciten a este respecto.

Ao final das Probas Presenciais, elabórase unha Acta onde se recollen tamén outras posibles incidencias que puidesen darse".

P. É a primeira vez que colabora como membro do equipo docente na celebración destas Probas Presenciais?.

R.- "Non, levo dez anos colaborando no desenvolvemento das Probas Presenciais na UNED".

P.- Que tipo de incidencias son as máis recorrentes e cales son as demandas máis habituais dos alumnos durante a celebración dos exames?.

R.- "A incidencia máis destacable que sucede durante o transcurso dos exames é que o alumno copie. Lamentablemente é o problema máis habitual aínda en España. Isto acontece coa mesma frecuencia que en calquera universidade presencial.

Cando se dá o caso actuamos coa máxima discreción invitando o alumno descuberto a saír da sala e a entregar o seu exame. Sempre se respecta a súa privacidade. Nós, os membros do Tribunal, non somos os que imos suspender o alumno pero si debemos proceder á súa expulsión da aula. Quen toma a decisión final da cualificación é o Equipo Docente das distintas materias.

Ás veces, durante este tipo de incidencias, pode haber algún rozamento. Nestes casos intentamos que comprenda que unicamente se pode usar o material permitido. Material autorizado que se publica ao inicio de curso na guía da materia correspondente. Esta información facilítase con anterioridade para non dar lugar a manexo de documentación non autorizada durante a proba. Ponse no seu coñecemento para que non se leve a engano.

Se falamos de demandas por parte dos estudantes teño que dicir que non nos piden moitas cousas, a verdade. O que si queren é silencio. É verdade que pode suceder que na sala se encontre un alumno que pregunte constantemente porque haxa incidencias no seu exame, ou erros informáticos que por outro lado se tratan de solucionar chamando ás distintas Facultades, se fose necesario.

Disponse dunha aplicación informática que ao inicio das probas facilita información concreta dalgún exame, no proceso de xestión destes casos concretos pode acontecer que algún alumno que se encontre próximo lle moleste e incomode. Por iso os ordenadores adoitan estar afastados dos postos de exame, como neste centro".

P.- Nestas incidencias e demandas, en que grao inflúe o calendario, é dicir, se son Pruebas Presenciais ordinarias maio/xuño ou extraordinarias de setembro?.

R.- "Non hai diferenza ningunha durante o transcurso de Probas Presenciais na convocatoria de maio/xuño e setembro. A única diferenza a marca a solicitude de reserva de exame que en setembro si poden solicitalo".

P.- Valixa virtual, control óptico, dixitalización de exames, son conceptos habituais para o equipo docente que conforma o Tribunal de Probas Presenciais, pero, e o alumno?. É necesaria nalgúns casos unha tarefa de información ou a maioría dos examinados coñece o proceso propio que ten implementar esta Universidade?.

R.- "No inicio, a entrega de exames producíase en sobres, pero a UNED evolucionou notablemente e agora o alumno recibe directamente o seu exame dende a impresora do centro.

Un alumno que estivo matriculado hai uns anos e que na actualidade retoma os seus estudos, comprobará que non ten nada que ver. Sería bo que houbese un sitio na web explicando as novidades a este respecto.

Dende que se carga o escanear do retorno de exames, hai un período dun ou dous meses onde cada interesado pode consultar a copia do seu exercicio.

O alumno debería saber que hai profesores que poden corrixir o seu exame no propio documento dixitalizado e así ver as súas correccións. Estes docentes fano voluntariamente ao cualificar a proba, xa que non é unha obriga para o profesor utilizar este mecanismo aínda.

Pódese solicitar revisión no prazo de 7 días dende que se publican as cualificacións. Se o alumno non pode ver estas correccións, si pode pedir ao docente que lle facilite os comentarios das correccións levadas a cabo. Así o profesor pode, como digo, voluntariamente facilitar o exercicio corrixido escanear, ou ben, facerlle a revisión por outro medio como por exemplo por teléfono, como se facía tradicionalmente".

P. Cales son as sesións máis multitudinarias?.

R.- "Os luns na quenda de mañá. É posible que inflúa que durante esa xornada estamos todos os membros do Tribunal".

P.- Estivera nalgunha outra ocasión no centro asociado da Coruña?, e na coidade?. Quizais se animaría a repetir?.

R.- "Non, non estivera na cidade, é a primeira vez. Si repetiría, claro que si. Foi unha experiencia moi positiva".

Dende o centro desexamos que todo se desenvolva con normalidade e de paso, que goce da súa estanza na cidade. Moitas grazas.

Para calquera cuestión relativa a esta noticia enviar un correo electrónico a comunicacion@a-coruna.uned.es

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es