Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Revisión de exames

11 de septiembre de 2013

Todo o que necesitas saber se queres solicitar revisión de exames

Como consultar a túa nota de examen

Por internet. Entrar no Campus UNED - Identificarse - Acceder á Secretaría Virtual - Ver Cualificacións.

Datas de emisión de listados e de firma de Actas, convocatoria de setembro 2013

  • Data límite de emisión de listados: 1 de outubro de 2013
  • Data límite de firma de Actas: 9 de outubro de 2013

Consulta AQUÍ o documento oficial.

Lembra que estas datas son límites temporais que os equipos docentes deben respetar na emisión de listados e Actas; pero poden emitir as cualificacións moito antes. Por favor, consulta de vez en cando as túas notas a través da Secretaría Virtual e segue os foros das asignaturas, para evitar que se esgote o plazo de reclamacións.

Prazo primeira revisión

O prazo máximo para solicitar a revisión de exames será de 7 días naturais, contados a partir do día da publicación da nota na Secretaría virtual da UNED.

Recoméndase facilitar na solicitude de revisión todos os datos de contacto, por se os datos do sistema non estivesen actualizados ou se tivese producido algún cambio dende a solicitude destes.

Recibida a solicitude de revisión, o profesor responsable da cualificación terá de prazo para responder, ata a data oficial da entrega de Actas. Recorda consultar o foro da materia para coñecer novidades publicadas polo profesor.

A solicitude de revisión e a resposta do profesor responsable deberán ser motivadas e axustarse aos criterios académicos de corrección que fixase cada equipo docente. As solicitudes carentes de motivación non serán admitidas.

Prazo segunda revisión

No caso de que o estudante non estea conforme co resultado da primeira revisión, poderá solicitar, de forma motivada e nos 5 días naturais seguintes á recepción do resultado da primeira revisión, a constitución dunha Comisión de Revisión que realizará unha segunda revisión do exame.

A presentación desta solicitude non impide a inclusión en Actas das cualificacións obtidas tras a primeira revisión.

Prazo Recurso de Alzada

En caso de que o estudante siga en desacordo coa cualificación do exame, poderá presentar recurso de alzada ante o Reitor no prazo dun mes a contar dende a recepción do resultado da valoración da Comisión de Revisión.

A interposición deste recurso ou calquera das reclamacións anteriormente citadas, non suspende os efectos académicos derivados das cualificacións dos estudantes.

Formulario de petición de revisión de exame, AQUÍ.

Consulta AQUÍ as normas sobre revisión de exames(publicadas no BICI nº 38, de 12 de jullo de 2010 (Anexo I dos Acordos del Consello de Goberno).

Consulta o Regulamento de Probas Presenciais e a súa posterior modificación AQUÍ.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es