Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Benvida ao centro asociado

26 de septiembre de 2013

A directora do centro asociado e a coordinadora do COIE, reciben os alumnos deste novo curso cunha Xornada de Benvida.

Durante esta tarde celebrouse o acto formal de benvida no centro asociado, actividade enmarcada no Plan de Acollida para o curso 2013/2014.

A directora, Susana Blanco e a coordinadora do COIE, Carmen Delia García Fuentes foron as encargadas de recibir os alumnos asistentes según o programa previsto da xornada.

Este acto estaba destinado a todos os alumnos, principalmente aos que se matriculan por primeira vez no centro asociado, co propósito de dar a coñecer todos os servizos que dispón durante o seu paso por esta universidade. Metodoloxía de traballo, particularidades, acceso a recursos e ferramentas dispoñibles, foron algúns dos puntos a tratar.

Para todos aqueles alumnos que non puideron asistir hoxe, programouse unha segunda xornada de benvida para o xoves 10 de outubro ás 16:30 horas. Pulsa AQUÍ para obter máis información e formalizar a inscrición.

Contacto: info@a-coruna.uned.es ou ao teléfono 981 14 50 51.

p10005681993p1000566
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es