Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Acceso á universidade se es maior de 25, 40 e 45 anos

14 de octubre de 2013

Conoce las vías de acceso a los estudios universitarios en la UNED si tienes a partir de 25 años.

Descarga toda a información en PDF AQUÍ.

Acceso maiores de 25 anos

Existen dúas alternativas para superar a proba libre de acceso para maiores de 25 anos:

1.- Matricularse no curso de Acceso para maiores de 25 anos. En que consiste este curso:

  • É como calquera outro curso. Hai un programa de estudos para cada materia, apoio docente en calquera das modalidades que ofrece a UNED; asistir a titorías presenciais no centro asociado que imparte o titor correspondente, aos cursos virtuais dende un PC ou pódese consultar dúbidas ao equipo docente en sede central.
  • Hai probas presenciais -exames- de cada materia en dúas convocatorias -oportunidades- en maio/xuño e en setembro.
  • Os estudantes matriculados no curso de Acceso para maiores de 25 anos que superen só unha das dúas fases da que se compón a proba cunha cualificación de polo menos 5 puntos, e non superasen a proba completa, poderán conservar a cualificación da fase superada e facela valer no curso de Acceso para maiores de 25 anos da UNED no curso académico inmediatamente posterior, no que deberán superar só a fase que lles quede pendente.
  • Dispoñen de avaliación continua, para coñecer máis detalles sobre os termos desta avaliación continua, AQUÍ.

2-. Inscribirse na Proba Libre de Acceso para maiores de 25 anos

  • Non é un curso, é unha proba.
  • Hai unha única convocatoria para realizar a proba: meses de maio/xuño.
  • Non se conserva a cualificación da fase superada, en caso de non aprobar as dúas.
  • Non poden presentarse ás probas de avaliación continua, polo que a cualificación depende só dos resultados dos exames.

Aclaración:

Estas dúas opcións son incompatibles para o mesmo curso académico non podendo matricularse das dúas opcións á vez no mesmo curso.

Prazo de matrícula:

  • Ata o 28 de outubro de 2013.
  • Exclusivamente por internet.

Máis información sobre Acceso a Maiores de 25 anos AQUÍ.

Acceso maiores de 40 anos

  • Acceso por Acreditación de experiencia profesional valorada polo órgano correspondente da universidade.
  • Mínimo de 10 anos de experiencia laboral ou profesional.
  • Este acceso permitirá matricularse nun Grao relacionado coa experiencia acreditada.
  • Non deberán ter título que dea acceso á universidade -PAU-selectividade, diplomatura, licenciatura, título de FP de técnico superior ou equivalente-.
  • Ter cumprido 40 anos antes do 1 de outubro de 2013.

Prazo de solicitude:

  • Do 1 de abril ao 11 de abril de 2014.

Máis información sobre Acceso a maiores de 40 anos AQUÍ.

Acceso a maiores de 45 anos

  • Cumpran ou cumprisen 45 anos antes do 1 de outubro de 2014.
  • Non deberán ter título que dea acceso á universidade -PAU-selectividade, diplomatura, licenciatura, título de FP de técnico superior ou equivalente-.
  • Hai dúas alternativas para superar a proba de acceso de maiores de 45 anos:

1.- Matricularse no curso de Acceso para maiores de 45 anos:

  • É como calquera outro curso. Hai un programa de estudos para cada materia, apoio docente en calquera das modalidades que ofrece a UNED; asistir a titorías presenciais no centro asociado que imparte o titor correspondente, aos cursos virtuais dende un PC ou pódese consultar dúbidas ao equipo docente en sede central.
  • Hai probas presenciais -exames- de cada materia en dúas convocatorias -oportunidades- en maio/xuño e en setembro.
  • Prazo: do 12 de setembro ao 28 de outubro de 2013.

2.- Inscribirse na Proba Libre de Acceso para maiores de 45 anos:

  • Non é un curso, é unha proba.
  • Hai unha única convocatoria para realizar a proba: meses de maio e xuño.
  • Prazo: do 28 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2014.

Máis información sobre o acceso a maiores de 45 anos AQUÍ.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es