Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A Delegación de Estudantes dá a benvida aos alumnos

9 de octubre de 2013

Durante a xornada, os representantes das delegacións do centro asociado, presentaron a súa sección aos alumnos asistentes.

Onte pola tarde tivo lugar a Xornada de benvida que a Delegación de Estudantes do centro asociado, organizou para os alumnos. Actividade enmarcada dentro do Plan de Acollida ó Alumno para o curso 2013/2014.

A representación estivo capitaneada por Eduardo García Lodeiro, subdelegado de Centro e delegado da sección de Enxeñaría, Olga Rodríguez Rodríguez, delegada na sección de Educación e Elia Rodríguez Montero delegada na sección de Xeografía e Historia.

Realizadas as presentacións entre delegados e alumnos, seguiuse o programa previsto. Os representantes de alumnos explicaron o funcionamento ordianario da Delegación, así como os distintos temas susceptibles de interese para os representados; próximas actividades que terán lugar no centro asociado, temas académicos, revista "Faro do Saber" e propostas a ter en conta.

A xornada supuxo unha boa oportunidade para intercambiar primeiras impresións.

Para acceder ó contido da Delegación de Estudantes na nosa web, pulsa AQUÍ.

p1000896
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es