Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Segunda Xornada de Coaching

10 de octubre de 2013

A sesión pertence a un ciclo de 3 xornadas que finaliza o 23 de outubro.

Onte mércores tivo lugar no salón de actos do centro asociado, a segunda sesión de Coaching enmarcada nun ciclo de tres xornadas que finaliza o 23 de outubro.

Esta sesión ecuador tratou, principalmente sobre o Coaching como profesión. Os asistenten tiveron a oportunidade de achegarse á metodoloxía do Coaching Profesional, e coñecer máis de preto esta disciplina que ten como principal obxectivo optimizar o tempo e rendemento das persoas e organizacións.

Marta Salazar Portero, directora da Escola Europea de Líderes, foi a encargada de impartir a docencia durante a xornada. Salazar é Coach Empresarial, Executivo e de Figuras Públicas e está especializada en Comunicación, Liderado e Coaching para as Relacións Interpersoais.

Na súa haber conta con máis de 10 anos de experiencia no campo da dirección de equipos, e adestrou máis de 6.500 persoas en España, Portugal e América.

Este ciclo está dirixido aos que queiran conseguir desenvolver o seu máximo potencial e o da súa organización e que senten que poden dar máis de si mesmos e alcanzar obxectivos retadores.

En definitiva a todos aqueles que queren dirixir o seu futuro profesional.

Para aqueles que estean interesados, o próximo mércores 23 de outubro, a sesión que pecha este ciclo estará destinada a aprender a vender de forma eficaz. Co título " Sabes vender? ", Marta Salazar desvelará aos asistententes métodos e técnicas que posicionen o vendedor -dun produto, servizo ou de si mesmo, en caso de estar a buscar emprego- na mellor das posicións fronte aos seus principais competidores. Se queres obter máis información sobre esta actividade, pulsa AQUÍ.

Vista a boa acollida das xornadas, estase a preparar unha cuarta e nova sesión para o mércores 30 de outubro sobre "A intelixencia emocional".

Para os que queiran coñecer as competencias que ofrece o Coaching, así como adquirir as habilidades e destrezas persoais e profesionais que se adquiren seguindo a súa metodoloxía, o centro asociado imparte, en colaboración coa Escola Europea de Líderes, formación especializada neste área. Trátase dun Programa Internacional de Experto en Coaching. Se queres obter máis información sobre esta formación especializada, pulsa AQUÍ.

O centro asociado na súa constante evolución, aposta por ofrecer aos seus alumnos complementos formativos que melloren os seus conocientos académicos e ferramentas que faciliten o acceso ao mercado laboral actual, formando así profesionais cada vez máis competitivos.

coaching2
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es