Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O centro asociado prepara o Acto Oficial de Apertura de Curso 2013/2014

10 de octubre de 2013

Celebrarase o próximo 29 de outubro no salón de actos ás 19:30 horas.

O centro asociado celebrará o Acto Oficial de Apertura de Curso 2013/2014, momento que marca o inicio oficial do presente exercicio académico.

Impartirá a lección inaugural D. Alfredo Vigo Trasancos, cun texto que leva o título: Lectura e interpretación dunha obra de arte: a fachada da Catedral de Santiago.

O programa previsto será o seguinte:

  • Lectura da Memoria do Curso Académico 2012/2013 pola secretaria do centro Dª. Ana Mónica Novo.
  • Lección inagural.
  • Palabras da directora do centro asociado, Dª. Susana Blanco Miguélez.

  • Intervención das autoridades.
  • Entrega de diplomas aos novos titulados no curso 2012/2013.
  • Declaración de apertura de curso pola Vicereitora de Formación Permanente da UNED, Dª. María del Carmen García Alonso.
  • Interpretación do Gaudeamus Igitur pola Coral Polifónica "O Eco".

Datos de interese

Lugar: Salón de Actos do centro universitario UNED-A Coruña, rúa Pepín Rivero, 3

Data: 29 de outubro

Hora:19:30h.

Nota: Non habrá titorías e os servizos cesarán a súa actividade normal ás 18:30 horas.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es