Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O curso sobre Mediación atravesa o ecuador

27 de noviembre de 2013

Como enfrontarse a un conflito, a súa tipoloxía e técnicas para resolvelo son algunhas cuestións que cada venres poden abordar os ao redor de corenta alumnos inscritos no curso.

O ecuador está aquí. Dende o 18 de outubro e ata o 17 de xaneiro, o centro asociado organiza un curso onde se aborda, de forma práctica, todos os temas relativos á Mediación.

Como expertos en mediación e encargados de impartir a docencia estan Rosa Sánchez González Dans; Avogada e Máster en Mediación e José Antonio Varela Alonso; Psicólogo. Especialista en mediación familiar.

O escenario social actual demanda sistemas áxiles de resolución de conflitos: desafiuzamentos, empresas inmersas en EREs, colectivos de prexudicados en preferentes, colectivos veciñais, son algúns dos grupos que necesitan e buscan unha vía onde se escoiten as súas voces fóra dos prazos e procedementos da vía xudicial.

A mediación posiciónase como unha alternativa áxil e de menor custo que satisfai os intereses das partes enfrontadas por conflitos familiares, sociais ou económicos. Vemos a diario que o papel do mediador se reclama polos afectados, como terceira parte neutral co propósito de encontrar unha saída reparadora que consegue que as partes implicadas dialoguen.

Máis coñecida polo seu papel en conflitos familiares, o 6 de xullo de 2012 regulouse o papel da mediación en asuntos civís e mercantís para actuar en conflitos de responsabilidade contractual, liquidacións de empresa, concursos de acredores ou contratos.

É por isto que dende a UNED se quere dar saída a todas esas voces que pedían un foro de encontro onde se poida debater, aprender, coñecer e perfeccionar unha disciplina de rabiosa actualidade. Profesionais, alumnos, ou público interesado terán a oportunidade de coñecer fondo esta temática.

Os algo máis de corenta matriculados nesta actividade, teñen a oportunidade de reforzar coñecementos, formular dúbidas ou debater puntos débiles en torno a unha temática que está en auxe a causa do especial momento social que vivimos.

Máis información do curso AQUÍ.

p1010193web
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es