Que é a Escola de Xadrez da UNED?
Trátase dun curso completo e progresivo de xadrez. A atención é personalizada, con interacción continua entre alumno e monitor, con envío de exercicios por parte do monitor.
Desenvolve actividades de formación a distancia -por correspondencia e por correo electrónico- e promove entre os seus alumnos a participación en competicións de xadrez.
Como se estruturan os seus cursos?
Basicamente en tres niveis:
Como saber de que nivel matricularse?
Antes de realizar a matrícula pódese consultar co coordinador da Escola onde matricularse, ou mesmo despois de facelo é posible cambiarse sen custo adicional.
Canto dura o curso?
Sete meses, do 1 de novembro ao 30 de maio.
Canto tempo de dedicación é necesario?
Considérase que é necesaria unha dedicación semanal de 5 horas.
Recoñecemento de Créditos
Recoñeceranse créditos pola superación dos niveis, a razón de 1 crédito ECTS por nivel superado. Un crédito ECTS equivale a dous de libre configuración.
Organización técnica da Escola de Xadrez
Coordinador-monitor: Juan Carlos Antón Veiga
Monitor-adestrador de nivel Superior: Anna Rudolf
Prazo de Inscrición
Prorrogado o prazo de matrícula ata o 1 de decembro de 2013.
Matrícula
Os alumnos matriculados en Ensinanzas Reguladas da UNED, deberán incluír unha fotocopia do documento do pagamento da súa matrícula.
Alumnos cunha minusvalía do 33% ou superior poderán acollerse ao desconto do 50% do curso só durante o primeiro ano e deberán achegar o documento que acredite tal condición.
Máis información AQUÍ.