Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED, unha aposta segura

3 de diciembre de 2013

Máis de cinco mil alumnos matriculados no centro da Coruña confían nun sistema de ensino de calidade, que aposta polas novas tecnoloxías.

Dise dende distintos medios que en tempos de crise é época de rexeneración, época onde aflora a creatividade e onde a necesidade de formación se fai constante.

Os datos do resultado da matrícula cada curso académico avalan esta hipótese. Estes últimos anos foron cada vez máis alumnos os que confiaron e confían nesta universidade.

O incremento total do número de matriculados no centro asociado UNED A Coruña para este curso académico foi do 2%, a cifra ascende a 5.132 alumnos. Os máis de cinco mil alumnos están repartidos nos distintos estudos que ofrece o centro deste xeito:

  • Graos: 4.081 alumnos
  • Plans Vellos: 419 alumnos
  • Curso de Acceso: 251 alumnos
  • Posgrao/Máster: 166 alumnos
  • CUID: 215 alumnos

Destes 5.132 alumnos, 3.133, o 61% xa se matricularan noutros cursos académicos e 1.999, o 39%, son alumnos de nova matriculación. Esto explica, en boa parte, o descenso xeral en todos os centros asociados do número de matrícula no curso de Acceso e en Plans Vellos.

E entre todos eles, 58 estudantes simultanean varias carreiras, onde a media está en 3 carreiras diferentes.

As carreiras máis demandadas para este curso son as mesmas que en cursos anteriores: Grao en Psicoloxía, disciplina na que cada curso os alumnos confían máis o seu futuro profesional, á vista dos datos xerais e Grao en Dereito.

O programa Sénior neste curso experimentou un ascenso importante no número de alumnos, de 163 no primeiro cuadrimestre do curso pasado, aumentou a 213, en total un 14%.

Actualmente encóntrase aberto o prazo de matrícula de Extensión Universitaria e Divulgación Cultural, dentro de Ensinanzas non reguladas, pero se se obserban as cifras do curso pasado como dato estimatorio, se reflicte un aumento do 35% fronte ao curso anterior, onde o número total de alumnos ascende 2.904.

Un novo curso académico é, sen lugar a dúbidas un desafío. Un novo compromiso con cada un dos alumnos onde se fai necesario conxugar calidade, rigor, accesibilidade, tecnoloxía, solvencia, resolución e eficacia. E dificultade. As novas esixencias universitarias son, en ocasións, grandes escollos a salvar, grandes desafíos.

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 10:00 el jueves 26 de junio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es