Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Ninguén ten a culpa de como nos sintamos, é nosa elección"

4 de diciembre de 2013

Yolanda Villar, directora da Escola Europea de Líderes, imparte no centro asociado varios cursos de Xestión das Emocións.

Yolanda Villar é CEO da Escola Europea de Lideres para España. Máster en Coaching con Certificación Internacional, Licenciada en Mercadotecnia pola UPM, Posgrao en Mercadotecnia Estratéxica en CLAY, Comercio Exterior en IVAFE, Máster Dirección Comercial e Mercadotecnia, FORMASELECT. Traballou en xestión de persoas e equipos para diversas multinacionais. Con máis de 4.320 horas de formación impartidas, exerce como formadora da Certificación Internacional en Coaching e Líder Coach, Mediación e Habilidades Directivas.

Actualmente Villar imparte os cursos de Xestión das Emocións no centro asociado UNED A Coruña.

P.- Ola Yolanda, poderías explicar que é o Coaching, para todas aquelas persoas que descoñecen esta disciplina?.

R.- "O Coaching é un método que axuda a persoas a que consigan os seus obxectivos, á vez que desenvolven as súas habilidades, benestar e rendemento.

Cando falamos de método facémolo xa que non é algo innato, ninguén nace sendo Coach, nin se converte en Coach por unha carreira profesional dilatada. O Coaching é un método conversacional e existen máis de 25 métodos distintos, que o coach usa dependendo do cliente. Para ser Coach, requírese formación específica e moito adestramento".

P.- Ao fío dos cursos que impartes no centro asociado sobre Xestión das Emocións, cales son as emocións que necesitamos xestionar con máis frecuencia?. As que xestionamos peor?.

R.- "As emocións que máis nos custa xestionar, tanto en nós coma nos demais, son as de desagrado o medo, a ira, o noxo e a tristura".

P.- Cal é o principal responsable de xestionar mal as nosas emocións?.

R.- "Esa é unha responsabilidade nosa, de cada un. Ninguén ten a "culpa" de como nos sintamos, é a nosa elección o permanecer como estamos ou ben traballar en nós mesmos para conseguir aquilo que queremos, sexa benestar emocional, autoestima, empoderamiento ou conseguir os nosos obxectivos.

Aprender a xestionar as nosas emocións, dános en primeiro lugar a satisfacción de non nos deixar arrastrar por elas, de poder elixir, en definitiva de sentirnos mellor connosco mesmos.

Dito o anterior, pódense traballar as emocións, entendendo as necesidades que van asociadas a cada unha delas".

P.- Hai diferenza entre homes e mulleres?, e a idade, a partir de que idade xa non se poden educar as emocións?.

R.- "A única diferenza que existe é entre as persoas que saben xestionar as súas emocións e aquelas que se ven "secuestradas" polo que lles pasa. Non hai idades tope para comezar a xestionar as nosas emocións".

P.- Nas últimas décadas a formación está ao alcance da maioría. Estamos convivindo xeracións moi formadas. Está directamente relacionada a Aptitude coa Actitude na boa xestión das emocións?, dito doutra forma, as persoas máis formadas e preparadas, manexan mellor as súas emocións que as persoas con menos formación, ou non hai unha relación directa?.

R.- "As habilidades intrapersonales, van máis alá do coñecemento académico, o nivel de aptitude ou o número de titulacións. De feito moitos de nós coñecemos persoas cun Curriculum académico e/ou laboral brillante, que aínda non saben como xestionar persoas de forma efectiva e que demostran carencias evidentes no aspecto relacional.

O desenvolvemento da intelixencia emocional, determina en gran parte como será o éxito en profesións nas cales nos relacionamos con outros e a día de hoxe, poucas profesionais existen, onde o traballador este illado de contacto humano. Por iso faise imprescindible o desenvolvemento e adestramento en habilidades.

Polo cal, desenvolver, adestrar e potenciar as habilidades interpersoais, entre elas a intelixencia emocional, vainos permitir desenvolvernos con solvencia, con tranquilidade, confianza e xestionar o que nos pasa, tanto a noso arredor, como a nós mesmos. Como consecuencia diso aumentaremos a nosa seguridade e a calidade das nosas relacións, ben sexa laborais ou persoais".

P.- Confucio facíase esta pregunta: Un que non saiba gobernarse a si mesmo, como saberá gobernar os demais?. No colexio e na universidade apréndense cuestións prácticas, técnicas profesionais, non obstante ningunha materia aborda a mellora e desenvolvemento persoal. É por isto que a diario coñecemos casos de líderes, gobernantes ou responsables de equipos que se coñecen máis polos seus despropósitos emocionais que polos seus éxitos ou logros no seu traballo. Hai unha conciencia de mellora na actualidade?.

R.- "Hai unha maior conciencia nas persoas de mellora, de querer dar máis, de querer crecer, evolucionar, de querer ser mellores. Estamos nun cambio de era, onde as persoas sabemos que sí podemos marcar a diferenza no noso ámbito, onde nos formulamos un pensamento independente e nos cuestionamos, a nós mesmos e á realidade que vivimos.

Cando esa realidade non é a que realmente queremos, sabemos que hai formas de cambiala e que iso empeza por un mesmo. É xusto nese momento de demanda de cambio, mellora, evolución, obxectivos, onde entramos nós. Na Escola Europea e Líderes axudamos ás persoas a desenvolver o seu máximo potencial e a que aprendan son solvencia e rigor a como nun segundo paso axudar aos demais de forma profesional, coa praxe adecuada, a conseguir os seus obxectivos, a xestionar as súas emocións.

Para iso impulsamos a Titulación de Especialista en Intelixencia Emocional que comeza en UNED Coruña o 13 de Decembro, ata o 27 de Xuño de 2014 e que se impartirá de forma presencial un venres ao mes en horario de 10 a 19 horas".

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es