Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Un bo mediador ha de ser empático e asertivo, capaz de comunicar e de transmitir confianza e credibilidade"

21 de enero de 2014

Rosa Sánchez González-Dans, avogada e experta mediadora.

Rosa Sánchez González-Dans é avogada e Máster en Mediación. É directora e docente dos cursos que se organizan dende o centro asociado UNED-A Coruña sobre o tema. Xunto co psicólogo José Antonio Varela Alonso, aborda a parte esencialmente práctica de Mediación.

O pasado venres 18 de xaneiro finalizou o último ciclo destes cursos que ofertou o centro asociado e tivemos a oportunidade de falar co seu responsable, Rosa Sánchez.

P.- Rosa, poderías explicar que é a Mediación, cales son os seus obxectivos e en que casos se aplica?.

R.- "A mediación é un procedemento ao que poden acudir os que teñen un conflito para solucionar as súas diferenzas, coa axuda dun terceiro imparcial e independente, o mediador, que dirixe o procedemento e facilita a comunicación e a negociación colaboradora.

Trátase dun procedemento áxil, flexible, voluntario e confidencial, e son as partes as que poderán alcanzar o seu propio acordo, que haberá de ser mutuamente satisfactorio.

En principio é aplicable a calquera ámbito: laboral, educativo, familiar, civil, mercantil, comunitario, penal etc., pero está especialmente indicada naqueles supostos nos que os implicados han de seguir mantendo unha relación no futuro".

P.- Hai algún inconveniente ou algún caso onde expresamente non se recomenda o emprego desta vía?.

R.- "Non cabe a mediación cando as partes en conflito non se encontran en situación de equilibrio de poder".

P.- Rosa, encontrácheste con algúns casos que non se puideron resolver por esta vía e porqué?.

R.- "Normalmente adoita acontecer en supostos nos que unha das partes confía en obter unha solución máis favorable aos seus intereses a través doutro procedemento de resolución de conflitos, como por exemplo o xudicial, ou se prefire dilatar no tempo a solución da controversia".

P.- Que aptitudes e calidades debe ter un bo mediador?.

R.- "Un bo mediador ha de ser empático e asertivo, capaz de comunicar e de transmitir confianza e credibilidade. Ademais é indispensable contar cunha sólida cualificación técnica e actuar cun respecto absoluto aos principios éticos".

P.- A crise cambiou o escenario social en case todos os ámbitos. Que colectivos son os que máis demandan un mediador neste momento?.

R.- "Creo que, en xeral, a demanda depende máis do coñecemento que se teña sobre a mediación que do ámbito en que se produza o conflito. Ninguén demanda aquilo que descoñece, por iso é tan importante a difusión da mediación como método de resolución de conflitos e achegala aos cidadáns".

P.- A normativa actual, permite unha práctica efectiva para o mediador?. Hai áreas de mellora?.

R.- "A regulación da mediación en España é relativamente recente, aínda que a práctica tanto particular como a través de proxectos piloto impulsados en boa medida dende o Consello Xeral do Poder Xudicial, existe dende hai anos en distintos ámbitos.

A Lei 5/2012 de mediación en asuntos civís e mercantís supuxo un forte impulso, pero seguimos á espera da regulación da mediación penal de adultos, por exemplo. Tampouco está regulada a formación e capacitación esixida ao mediador, algo realmente necesario se queremos unha mediación eficaz e de calidade".

Máis información do curso aquí.

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 9:30hs el 8 de julio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es