Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Saber manexar a ansiedade, vainos dar un rendemento moi óptimo"

20 de diciembre de 2013

Angeles Amor impartirá o curso "Como manexar a ansiedade ante os exames" no Centro Asociado do 9 ao 10 de xaneiro.

Ángeles Amor García é Psicóloga clínica, profesora titora e coordinadora de Extensión do Campus Noroeste da UNED e do Centro UNED A Coruña.

O 9 e 10 de xaneiro dirixe e imparte o curso "Como manexar a ansiedade ante os exames", xunto con Carmen Delia García Fuentes de la Fuente, coordinadora do COIE, profesora titora de Prácticas profesionais I do Grao de Pedagoxía, no Centro UNED A Coruña.

P.- Que hai detrás dun alumno que sistematicamente ten ansiedade ante un exame?, falta de preparación, baixa autoestima, pouco interese pola materia, mala xestión de contidos durante o estudo...

R.- "Normalmente o que hai son unhas crenzas dese suxeito moitas veces relacionadas co autoconcepto e a autoestima, implican unhas esixencias a el mesmo que poden que cumpra ou non ante o exame. Co cal unha persoa que normalmente ten ansiedade ante un exame, ansiedade non positiva, aparecen en persoas que teñen ansiedade ante outros retos da vida. É confirmar que as súas crenzas se cumpren ou non. Non ten nada que ver con levar mellor ou peor preparada a materia, aínda que son factores que poden afectar, o que máis inflúe é a parte psicolóxica de cada alumno."

P.- É por isto que algunhas persoas renden máis ante un exame fronte a outros que reducen considerablemente o seu rendemento, dedicando o mesmo tempo ao estudo?.

R.- "Co mesmo tempo de estudo hai moitos factores que teñen que ver que o rendemento sexa diferente. En primeiro lugar as capacidades cognitivas dese alumno, en canto á capacidade que o ten para memorizar, para codificar esa información. Despois tamén o nivel de ansiedade que se xera. É verdade que para ter un bo rendemento nunha tarefa é necesario que se xere un tipo de ansiedade, esa unión entre ansiedade e rendemento converxe de forma positiva ata un certo límite no que a partir de aí, a maior ansiedade, menor rendemento.

Saber manexar os niveis de ansiedade vainos dar un rendemento moi optimo, podemos manexala e ter un mellor rendemento. Moitas veces acontece que un alumno que estudou moito máis, que leva a materia mellor preparada que outro, o seu rendemento é moi inferior. Iso é porque os seus niveis de ansiedade están tan superados que provoca que a súa execución se vexa moi modificada."

P.- En cuestión de xéneros, son máis propensos a ter ansiedade nos exames homes ou mulleres?.

R.- "Non me atrevo a dicir que sexa cuestión de xénero, é máis cuestión de personalidade e formas de ser."

P.- E estatística, se falamos de números?.

R.- "Como dicía antes, a ansiedade xérase moitas veces propiciada polas crenzas que temos, por dar o talle, por non defraudar. Isto ás veces é maior en mulleres que homes porque a súa autoestima e o seu autoconcepto non sempre son iguais. De todos os xeitos non me atrevo a dicir que esa estatística é maior en mulleres ou en homes. O que si me atrevo a confirmar é que a manifestación desa ansiedade é moito máis visible en mulleres que en homes, iso si. É máis visible no xénero feminino, non quere dicir que o xénero masculino non a padeza, non a manifesta tanto, é un proceso moito máis interno."

P.- É habitual que apareza esta ansiedade na idade adulta, durante os estudos universitarios, se non o fixo durante etapas formativas anteriores?.

R.-"Pode ser. Ten que ver coas circunstancias vitais que experimentou esa persoa dende a última vez que se enfrontou a un exame ata a actualidade. Quizais tivo episodios na súa vida que reforzaron moito a súa autoestima, que lle fixeron ver que el ou ela vale. Ou, pola contra estes episodios, segundo as crenzas da persoa, dubidaron deste valor.

Si é posible que xurda a ansiedade na idade adulta."

P.- En que momento adoita aparecer esta ansiedade, días antes, nos momentos previos ou durante o exame?. Como adoita manifestarse?.

R.-"O momento máis frecuente onde aparece a ansiedade é antes de entrar no exame ou nos primeiros minutos que o alumno se enfronta ao exame en si. Unha vez que o alumno está xa na proba e xa empeza a escribir, a ansiedade non adoita ir incrementándose, ou mantense ou redúcese porque xa está exposto ao estímulo ansiógeno e non pode anticipar.

Non podemos esquecer que a ansiedade é unha anticipación dun momento que está por vir co cal depende moitas veces da crenza que teña ese alumno. Se ese alumno lle provoca ansiedade enfrontarse ao exame, no momento que se en fronte vaise reducir, se é suspender o exame, esa ansiedade vaise manter.

De calquera xeito, esa ansiedade que sente ante o exame, vai facer que a execución descenda de forma notable.

Hai manifestacións que son máis comúns, máis universais. O que acontece é que en cada un de nós predominan unhas ou outras. Unha tensión muscular é unha manifestación bastante común, cefaleas, dores de estómago, náuseas, aceleración do ritmo cardíaco, sudación excesiva, mesmo nalgunhas persoas unha irritabilidade en días anteriores notable. Ás veces aparecen tamén medos a tarefas cotiás da vida que ata o momento o individuo desenvolvía con normalidade, e por este motivo agora xa bloquéao."

P.- Ao fío do que estamos a falar, estes niveis de ansiedade tan altos, poden xerar fobias?.

R.- "A fobia é unha anticipación, un medo irracional. Para que haxa unha fobia ten que haber un estímulo ansióxeno presente. Ninguén que teña fobia aos cans se paraliza sen que estea o can diante. A ansiedade é xustamente o contrario, paralizámonos sen que se dea o elemento que nos provoca a ansiedade.Tengo medo a suspender, pero aínda non suspendín porque non fixen o exame e iso provócache ansiedade. A etioloxía do problema é diferente pero sí que é verdade que persoas con altos niveis de ansiedade son máis propensas a manifestar outro tipo de patoloxías."

P.- Ángeles, como experta no tema e a modo de prevención da situación, que recomendarías aos nosos alumnos para quela ansiedade non os asalte nos seus exames?.

R.-"Unas pautas moi sinxelas. Primeiro saber cales son as causas que xeran ansiedade. É imposible atallar un problema sen saber cal é a súa base. Temos que saber se hai unhas crenzas irracionais, se hai unha presión externa, interna. Unha vez que coñecemos o problema que causa a ansiedade, o seguinte é practicar e manexar técnicas de redución da activación. Porque é verdade que a ansiedade en determinados momentos é beneficiosa, sería mesmo moi negativo enfrontarse a un exame sen ningún nivel de ansiedade, quizais nos cansariamos de escribir.

Pero temos que controlar canta ansiedade podemos manexar e é diferente en cada persoa. Se temos a ferramenta, é como o termóstato de casa, se quero a subo e se quero a baixo pero teño que querer e ter a estratexia para poder subila ou baixala.

O curso que está programado para o 9 e 10 de xaneiro, o que se pretende xustamente é que aprendan estratexias ou técnicas de redución da activación e controlar o seu nivel de activación. Non soamente para baixar os niveis, ás veces é necesario incrementalo, pode pasar por falta de motivación."

P.- É frecuente esta desmotivación ante un exame?.

R.- "Si, acontece ás veces cando sabes que se te esforzas unhas horas máis antes da proba, podes resolver mellor o resultado final. O descanso xa chegará. A ansiedade pode ser por defecto ou por exceso."

Máis información do curso aquí.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es