Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Para mellorar a comprensión lectora hai que ler e axudarnos dun ou máis dicionarios"

7 de enero de 2014

Marisa Ron, responsable dos cursos de Comprensión Lectora que organiza o centro asociado.

O pasado decembro finalizou o curso que se celebrou no centro asociado UNED A Coruña sobre Comprensión Lectora. Entre os obxectivos propostos están a capacidade de extraer a idea principal nun texto, a súa comprensión global, captar a atención das partes, elaborar unha interpretación do contido así como elaborar unha interpretación ou interpretar unha reflexión. En definitiva, adquirir un conxunto de ferramentas e técnicas para a mellora do estudo.

Marisa Ron é profesora titora do centro asociado e foi a responsable de impartir o curso. Por este motivo pareceunos interesante roubarlle un par de minutos e intentar que respondese, de forma moi concisa, algunhas preguntas.

P.- No informe PISA de 2012 España non saíu ben parada no ranking xeral. Dos 34 países da OCDE ocupa o número 23 en comprensión lectora. Mellorou levemente con respecto ao informe do ano 2009 e actualmente encóntrase a un punto da media de Europa. Na túa opinión, que valoración merecen estes datos?.

R.- "Non teño elementos abondo para xulgar esa información. Paréceme unha información sesgada".

P.- Marisa, á vista dos datos a programación do curso é todo un acerto. Que tal é a acollida que ten entre os alumnos asistentes?. Son alumnos maioritariamente de primeiros cursos?.

R.- "O alumnado é heteroxéneo, xa que me encontrei con alumnos e alumnas que xa están a cursar unha carreira universitaria, outros de acceso e outros que simplemente tratan de ocupar o seu tempo libre".

P.- Segundo o informe PISA, por que os españois obtemos unha nota tan baixa?.

R.- "Volvo un pouco á primeira pregunta. Que idades, estudos... tiñan eses españois aos cales se lles realizou a proba? Sen eses datos non se pode analizar obxectivamente os resultados".

P.- Na túa opinión, como podemos mellorar a nosa comprensión lectora en idade adulta?. Que hábitos recomendas?.

R.- "Ler, ler e sempre axudándonos do dicionario. De distintos dicionarios".

P.- As novas tecnoloxías, manexo de dispositivos móbiles, internet, redes sociais, son aliados ou inimigos?.

"Moi bos compañeiros de viaxe en noso deambular pola literatura, sempre que se saiban utilizar, o para que, cando e como".

Máis información do curso aquí.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es