Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Visita a Biblioteca do Centro Asociado

22 de enero de 2014

Coñece todos os servizos que che ofrece.

Durante o período de exames é un dos momentos que máis visitas recibe a Biblioteca do Centro Asociado. Reservas, consultas, acceso ao fondo dispoñible, recursos documentais, resolver dúbidas bibliográficas, préstamo interbibliotecario ou acudir á sala de estudo, son algúns dos motivos habituais de acceso a este servizo.

A zona de Biblioteca presenta dous espazos ben diferenciados, por un lado a sala de lectura e por outro a sala de consulta e préstamo. A sala de lectura dispón de 86 prazas e 7 postos informáticos; catro con acceso a internet e tres onde se pode consultar o catálogo.

Para unha maior accesibilidade, a maior parte dos servizos préstanse vía online, de forma que un alumno matriculado pode solicitar unha reserva ou renovar un préstamo dende a súa casa e a golpe de click.

Accede á Biblioteca do Centro asociado.

Accede á Biblioteca central.

p10001101366p1010580webp1010569web
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es