Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aberto o prazo para inscribirse na Proba Libre de Acceso a maiores de 25 e 45 anos

30 de enero de 2014

Tes ata o 7 de febreiro.

Información que debes ter en conta antes de matricularte en calquera das Probas Libres de Acceso que ten a UNED:

Proba Libre de Acceso para maiores de 25 anos

  • Ter 25 anos cumpridos antes do 1 de outubro de 2014.
  • Non ter un título con acceso á Universidade: PAU-selectividade, Formación Profesional, Diplomatura, Licenciatura, etc...
  • Só serán tidos en conta os resultados dos exames, non dispón de probas de avaliación continua.
  • Hai un único período de exame en maio-xuño. Non hai exames de setembro.
  • Non se conservan as cualificacións da fase superada.
  • A superación da proba dá acceso aos Graos da UNED. O seu recoñecemento ante outras Universidades será que considere a normativa de admisión para cada unha delas.
Proba Libre de Acceso para maiores de 45 anos

  • Ter 45 anos cumpridos antes do 1 de outubro de 2014.
  • Non ter un título con acceso á Universidade: PAU-selectividade, Formación Profesional, Diplomatura, Licenciatura, etc...
  • Só serán tidos en conta os resultados dos exames, non dispón de probas de avaliación continua.
  • Hai un único período de exame en maio-xuño. Non hai exames de setembro.
  • A superación dá acceso unicamente aos Graos da UNED.
  • A superación da proba non ten equivalencia con ningún título oficial.

Prazo

  • Do 28 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2014.
Matrícula

Máis información na web.

Máis información por teléfono

  • Secretaría sede A Coruña: 981 14 50 51
  • Secretaría Aula Ferrol: 981 36 40 26

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es