Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Banco de Alimentos Rías Altas e a UNED-A Coruña colaboran nunha campaña solidaria

3 de febrero de 2014

O 12 de febreiro impartirase unha charla informativa e do 3 ao 14 de febreiro, habilitaráse un espazo para a recollida de alimentos.

Durante o mes de febreiro o Centro Asociado inicia unha campaña de colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas da Coruña.

A campaña consta de dúas accións. En primeiro lugar unha charla informativa de carácter gratuíto que se celebrará o mércores 12 de febreiro de 19:00 a 20:00 horas no salón de actos do Centro. Correrá A Cargo de César de la Fuente, voluntario do Banco de Alimentos Rías Altas abordará as seguintes cuestións:

  • Que son os bancos de alimentos?
  • Que é o Banco de Alimentos Rías Altas?
  • Como funcionan?
  • Cal é o seu labor?
  • Quen é os seus beneficiarios?
  • Como reparten a axuda social recibida?
  • Como se financian?
  • O papel fundamental do voluntariado na supervivencia da entidade.

O obxectivo principal é dar a coñecer á sociedade o labor desempeñado polos Bancos de Alimentos, en concreto a actividade desenvolvida polo Banco de Alimentos Rías Altas na provincia.

Máis información da charla na páxina web.

En segundo lugar a campaña desenvolve unha recollida de alimentos en beneficio dos máis desfavorecidos. Será do 3 ao 14 de febreiro e estará situada na cafetaría do edificio na planta baixa.

Aquelas persoas que o desexen poden colaborar achegando os seguintes alimentos non perecedoiros:

  • Leite
  • Galletas
  • Cacao
  • Café
  • Azucre
  • Sal
  • Aceite
  • Legumes
  • Calquera tipo de conserva en lata

Un Banco de Alimentos é unha organización sen ánimo de lucro, recoñecida de forma oficial que desenvolve as súas actividades grazas ao traballo desinteresado de moitos voluntarios. O obxecto da súa constitución é conseguir alimentos a través de fondos de axuda europeos, operacións de quilo, excedentes de fabricación, fallos de empaquetado durante o proceso, etc... Alimentos en perfecto estado e condicións de consumo, co propósito final de distribuílo de forma gratuíta ás entidades benéficas.

O Banco de Alimentos Rías Altas ten dúas sedes de repartición na provincia: Coruña capital e Santiago de Compostela.

razas ao traballo de numerosos voluntarios que colaboran activamente e ás achegas de colaboradores, exerce un labor tan necesario como xeneroso. É principalmente nestes tempos de crise, cando a participación de todos é capital para axudar ás ao redor de 30.000 persoas -segundo os datos da F.A.O.- que atravesan unha situación de dificultade na provincia.

Accede á web do Banco de Alimentos Rías Altas.

Máis información no teléfono 981 14 50 51.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es