Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"O meu paso pola UNED está a ser como unha carreira de fondo na que conta máis a constancia que a rapidez"

9 de abril de 2014

Lida Coira, modelo de constante superación.

Por que estudas tanto? É unha pregunta que me adoitan facer moito uns por curiosidade, outros como dicindo vaia perda de tempo e outros preocupados por se perdo o pouco que me queda de vista.

A verdade é que estudo porque me gusta e que narices, porque me dá a gana. Dende pequena cada papel que caía nas miñas mans era un mundo de posibilidades, a miña nai sempre conta que cando iamos a algún sitio non cara a falta levar xoguetes, collía algún papel e aínda que non soubese ler entretíñame mirando para el.

Cando comecei a ir ao colexio choraba os sábados e os domingos porque non había cole e iso que tiñamos que ir andando porque o transporte non pasaba onde viviamos.

O meu nome é Lidia Coira e teño unha minusvalidez visual, a cal non me impediu levar un currículo escolar normal, aínda que sempre me tiven que enfrontar a ser a primeira persoa con minusvalidez nos sitios onde estudei, pero con pequenas adaptacións como textos con letra mais grande, uso de monoculares e lupas superei as expectativas que a priori se tiña sobre min.

Realicei varios ciclos superiores e por circunstancias da vida caín na UNED, que está a ser o medio para poder darlle forma ao meu futuro laboral. Sempre orientei os meus estudos cara ao social aínda que tamén estudei o Ciclo Superior de Administración e Finanzas ao ter traballado case sempre como auxiliar administrativa; tamén fun axudante de dependenta e acompañante de transporte adaptado.

Co apoio do meu circulo próximo, en 2009 matriculeime na UNED para comezar a Diplomatura de Traballo Social e ao curso seguinte pasei ao Grao de Traballo Social.

Matriculeime de poucas materias para coñecer o sistema, ao ter a primeira convocatoria gratis, tampouco era cuestión de querer abranguer todo.

Sorprendeume moito o servizo de Unidis, todo un mundo de posibilidades para facer máis doado o transo dos exames, e co tempo comprobei que son un grande apoio, pois se encargan de todo aquilo que precisamos as persoas na miña situación. Neste punto debo facer unha mención a todos os profesionais que están nos exames do centro asociado da Coruña, o seu labor resulta tamén de grande axuda: a directora; Susana Blanco, Pablo Vales e José Ramón González Álvarez; son as tres persoas coas que máis coincido, sen menoscabar o resto de profesionais.

Comecei a ir ás titorías un pouco desituada e asustada xa que son moi tímida e introvertida, pero topei con bos titores, dos que destaco a dúas persoas das que non teño máis que palabras de agradecemento, ademais de ser grandes profesionais, dende o principio estiveron á miña disposición para o que precisara: moitas grazas Victoria e Asunción.

Durante estes cinco anos fun pouco a pouco. Quizais estes dous últimos anos é de cantas máis materias teño matricualdo, o tema laboral está parado e estouno a aproveitar para adiantar.

Son moi consciente do hándicap que levo comigo pero tamén estou moi orgullosa do grande apoio que teño no meu marido, a miña nai, a miña irmá e os meus poucos pero moi bos amigos que cos seus ánimos, as súas palmadas nos días de frustración e co simple feito de estar aí me dan a forza que me falta e aínda que por momentos me gustaría dar por vencido, prometo non decepcionar a ninguén e seguirei loitando por alcanzar o meu sono: ser unha Traballadora Social.

Se algún día non moi afastado logro este sono, parte del será grazas á xente que me rodea, como se adoita dicir "é de ben nacidos é ser agradecidos. "

Gustaríame orientar a miña carreira profesional cara á minusvalidez, aínda que non pecho ningunha porta. Hai moito que facer para lograr esa ansiada "igualdade de oportunidades" ou esa "non discriminación" e o mellor xeito é facelo un mesmo, demostrando que estamos aí e podemos lograr o que nos propoñamos aínda que as circunstancias non nos acompañen.

Estes cinco anos supuxeron moitas noites sen durmir, moitas tilas, moita frustración pero cada aprobado que logrei compensouno. Tiven momentos de compaxinar traballo con estudos o que me supuxo un esforzo dobre pero para que esta setembro?.

Actualmente e dende hai pouco estou a traballar polas tardes como gerocultura; outra mostra de que se pode facer todo aquilo que un desexe, se se pon ganas e constancia.

O meu paso pola UNED está a ser como unha carreira de fondo na que conta máis a constancia que a rapidez. Quero gozar do que estudo e interiorizar o. A miña meta é traballar con xente e esa futura xente, merece o mellor de min.

A xeito de conclusión o meu obxectivo é lograr ser unha boa profesional e para iso debo ir sen présa pero sen pausa e niso estou.

Todo isto non o podería lograr sen aquelas persoas que me animan todos os días e que cren no meu aínda cando ao meu me custa crer na miña mesma, pero como se adoita dicir "crer é poder".

A todos aquelas persoas que se encontran na miña situación por favor que non se rendan, aínda que máis devagar, chegaremos ao mesmo sitio e sendo uns grandes profesionais. "

Horario de verano. A partir del 10 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 7 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Información Evaluación 2020+info
Convocatoria pública. Vacantes profesorado tutor interino de Grado de Psicología/Trabajo Social/Filosofía curso 2024-25+info
AVISO: El Aula UNED Ferrol abrirá en horario de tarde los días 18, 19 y 20 de septiembre. Disculpen las molestias.+info
Convocatoria pública. Vacantes profesorado tutor interino de Grado de Filosofía curso 2024-25+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña +info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es