Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED coruñesa, presente na capital de Bergantiños

3 de mayo de 2014

Encontro de mozos da bisbarra na segunda Edición do Forum de Formación e Empresa.

Dous mil visitantes, trinta expositores -entre eles o Centro Asociado UNED A Coruña-, algo máis de mil alumnos e profesores, concorreron a pasada semana á segunda edición do Forum de Formación e Empresa en Carballo de Bergantiños.

Novos, principalmente da bisbarra, tiveron a oportunidade de asistir a talleres, charlas informativas e debates, sobre a actual formación e saídas de emprego xuvenil nun encontro onde estiveron presentes as tres Universidades galegas e a UNED coruñesa, representada por María Díaz de Robles, responsable do Servizo de Axuda ao Emprego e Emprendimiento del Centro Asociado.

Díaz de Robles resumía así a experiencia: "dende o meu punto de vista, a participación no Foro de Formación e Emprego de Carballo foi unha boa experiencia. Non só dáse a coñecer a entidade, senón como unha oportunidade onde se detectan as inquietudes dos estudantes en relación a que saídas profesionais. É un paso previo á elección de estudos na cal os alumnos e alumnas poden coñecer as diferentes opcións.

O Fórum de Carballo, encheuse de visitantes durante as dúas xornadas, cargados de inquietudes, enerxía, ilusións, ideas..., as principais consultas no noso posto, eran que podo estudar na UNED?, que necesito para poder estudar na UNED?, tamén nos encontramos cos jovencísimos estudantes de 4º de ESO, que preguntaban que é a UNED?

O Foro, foi dinámico, participativo e informativo; con diferentes actividades, talleres, presentacións, etc..."

Se queres coñecer máis información do SAEE, Servizo de Apoio ao Emprego e Emprendimiento, accede aquí.

standweb
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es