Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED, máis preto

2 de junio de 2014

Accede en directo a toda a actividade universitaria da UNED dende o teu móbil; en calquera lugar, en calquera momento.

A UNED puxo en marcha un novo servizo que permite acceder á actividade universitaria a través do teléfono móbil. Que supón? Xa é posible ver en streaming, os teleactos da túa Universidade en directo. Vén a completar un servizo que xa se ofrecía; recibir a través do smartphone clases, videoconferencias, titorías, seminarios, conferencias, eventos... e todo o repositorio de contidos que están a disposición de todos os interesados.

O Centro de Medios Audiovisuais, CEMAV, superados os corenta, é xa un clásico na UNED dende os seus inicios. Encárgase de dar soporte audiovisual en tarefas docentes e investigadoras e facilitar o acceso aos estudantes, ao contido académico, científico, tecnolóxico, cultural e institucional desta Universidade.

Canal.uned.es é a plataforma onde se aloxa todo o material audiovisual; teleactos, mediateca, etc... un total de 4.000 horas.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es