1.- Potencia o teu currículo
A realización dun curso de Verán no teu currículo é un activo que suma. Saír da rutina académica formal en tempada de vacacións para seguir formándote, tradúcese, en termos de recursos humanos, nun profesonial inquedo, proactivo e comprometido coa súa marca profesional.
2.- Activa a túa rede de contactos profesonales
Coñecerás persoas cos teus mesmos interes e inquietudes. Encontrarás persoas cun perfil profesional moi similar ao teu e será unha oportunidade perfecta para ampliar os teus contactos de empresa; facer networking.
3.- Forma lúdica de ampliar coñecementos
Os cursos son breves no tempo; de 3 a 5 días. Sen exames nin probas. Esta formulación permíteche adquirir conocimentos sen presión, de forma lúdica e polo simple pracer de aprender.
4.- Profesorado de calidade
O nivel moi alto e calidade do profesorado que imparte relatorios nos Cursos de Verán. Catedráticos, profesorado titular de Universidade, profesionais de recoñecido prestixio ou empresarios, poñen en valor o éxito destes Cursos verán tras verán.
5.- Permíteche o acceso a formación especializada
Os asistentes; cursillistas e relatores, adoitas ser habituais en cursos similares ao longo de todo o ano. É unha forma de crear foro dunha especialidade; coñecer e acceder a futuros proxectos formativos similiares.
6.- Coñecer lugares diferentes; turismo e gastronomía
O pracer de viaxar, descubrir e gozar de lugares distintos e novos; un plus á hora de elixir un Curso de Verán. Museos, turismo e degustacións gastronómicas, suman puntos na elección de destino.
7.- Concesión de créditos
Pola asistencia ao curso recibirás un certificado onde figuran os créditos de libre configuración, ECTS ou MECD, segundo o caso. Estes créditos son convalidades, no tempo e forma que a Universidade indique.
8.- Permitirache romper coa rutina
É unha forma diferente de saír da rutina diaria e dar un respiro á túa axenda habitual.
9.- Se realizas o teu Curso de Verán na UNED A Coruña...
10.- Por último, UNED: garantía na calidade do ensino.