Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O colectivo homosexual e a igualdade no ámbito laboral

13 de junio de 2014

Conclusións extraidas da investigación realizada por Jonathan Lema Touriñán, delegado da sección de Ciencias Políticas e Socioloxía do Centro Asociado.

Onte xoves ás 12:00 horas, celebrouse no salón de actos do Centro Asociado UNED A Coruña, unha charla en torno a igualdade do colectivo homosexual, dentro do ámbito laboral. O responsable de impartila foi Jonathan Lema Touriñán, delegado de alumnos da sección de Ciencias Políticas e Socioloxía no Centro coruñés. Lema, expuxo as conclusiónes froito do resultado do desenvolvemento dunha investigación sobre o tema descrito, en palabras súas: "o presente traballo de investigación, fundaméntase na repercusión da Unión Europea, das políticas sociolaborais e a sociedade civil no ámbito laboral respecto á igualdade de trato no emprego e a ocupación do colectivo LGTB (Lesbianas, Homosexuais, Transexuais e Bisexuais). Para iso, analizamos a Directiva Europea relativa a este asunto ademais da súa aplicación no caso español e a normativa española. Esta conferencia aborda, sobre todo, o tema da igualdade no ámbito das relacións laborais do colectivo homosexual, o cal, é un tema que é percibido con moito escurantismo aínda no ámbito laboralista no noso país. A súa achega reside en visibilizar o que xa está aí pero poucos se atreven a tratar".

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es