Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Teixeiro segue o programa previsto

3 de julio de 2014

Medicina forense en torno á saúde mental e o delito xunto ao cine carcerario, foron dous dos relatorios no ecuador do curso.

Berta Rodríguez, médico forense e xefe de sección de clínica na Subdirección territorial da Coruña comezou esta mañá a primeira sesión deste segundo día de Curso co relatorio: "A perspectiva médica forense da saúde mental e o delito". Rodríguez arrancou a súa presentación definindo e acoutando o termo imputación, como concepto xurídico que, tratándose do caso de estudo deste curso, non equivale ao uso vulgar da palabra, senón que adquire outra dimensión. Xunto ao concepto de imputación súmase o de delito, en referencia ao modo da conduta humana. Concepto de culpa, ben por dolo, como intención clara de dano, ou culpa, en alusión a se se fai intencionalmente pero non se busca o resultado.

A relatora achegou, de forma detallada aos presentes, a terminoloxía habitual que no exercicio das súas funcións, se sobrepón ao contexto semántico ao que fai referencia, sempre dentro do seu marco normativo.

Unha vez referidos os conceptos anteriores, continuou facendo o relatorio referencia aos artigos 20 e 21 do Código Penal, no primeiro caso limitando os casos de exención de responsabilidade criminal e no segundo ás circunstancias atenuantes. Para iso precisou os elementos de carácter médico na responsabilidade penal, así como o concepto de anomalía, onde a referencia, nun primeiro momento era a un trastorno, alienación, ou unha situación fóra de si, e que actualmente alude a unha alteración psíquica e esta debe reunir unhas características que incapaciten para o desenvolvemento normal. Anomalías estrañas á personalidade da xente; psicose, demencias... e as non estrañas á personalidade do suxeito, xa aparecen durante o desenvolvemento do suxeito, v. gr. trastornos da personalidade. Criterios de análise da alteración mental: cualitativo, cuantitativo e cronolóxico, máis que o nome técnico ou etiqueta da doenza. Trastorno mental transitorio, definición, requisitos e a súa orixe.

Un dos momentos álxidos desta sesión, foi cando Berta Rodríguez describiu o proceso de intervención pericial do médico forense; a súa organización, funcións, e respondeu á pregunta obrigada: como actúa o médico forense? Abordou a sistemática de exame psiquiátrico do autor dun feito, e, en torno a isto, mencionou que o mellor momento para esta análise; sempre era o máis próximo ao momento do feito. Un dos defectos - comentaba Rodríguez- está en que esta solicitude se permite facer unha semana ou dez días antes do xuízo oral, e non é conveniente deixar pasar tempo para non desvirtuar o recordo xenuíno inicial, unha vez descartada claramente, a simulación.

Na última parte desta primeira exposición falouse de establecer o motivo de consulta no tempo e nos feitos baixo o binomio delito-delincuente, así como da exploración psicopatolóxica; entrevista semiestruturada: aberta pero guiada. Exames e datos complementarios ata chegar ás conclusións médico forense.

Máis alá dos obrigados datos técnicos e legais, este relatorio achegou sen reservas o labor dun médico forense e a súa intervención a todos os presentes.

Vicente Pérez Fernández, profesor contratado Doutor do Departamento de Psicoloxía Básica UNED, encargouse de abordar, dende unha posición máis lúdica, o tratamento da prisión no cine. O seu relatorio trataba de "A Psicoloxía vista dende o cine" e en pleno ecuador do curso, puxo a mirada nunha temática tan interesante como oportuna dentro do eixe temático desta actividade.

En palabras de Pérez, o cine carcerario remóntase cara a 1929 onde a prisión está presente de xeito recorrente. É nos anos 30 cando xa empiezarían a proliferar os dramas carcerarios, con intención de mostrar o efecto do ingreso dende unha mirada crítica. Dentro dos subxéneros como clasificación topográfica, centrada en características física ou funcional, baixo un para que serve ou para que se fai. Non obstante os xéneros son permeables e un mesmo filme pode ter características de distintos xéneros.

Como subxénero, estaría o deporte. Na maior parte das ocasións, e facendo referencia ao tema que nos ocupa, un bo exemplo é o boxeo. Ten as mesmas características que outro subxénero pero dentro do contexto carcerario. Outro subxénero: a acción, con heroes do momento, a ciencia ficción tamén ten algúns exemplos no cine carcerario, o fantaterror ou mesmo o enfoque erótico. Outro subxénero é o "baseado en feitos reais" con múltiples exemplos dende os anos 50. E os experimentos "psicolóxicos", presente nas fitas: "O experimento de Alcatraz" e "O experimento" do ano 2001, esta última cunha recente versión norteamericana no 2010, un filme tamén próximo no tempo e que referencia estes experimentos é "Shutter Island" do ano 2010.

Xa entrados na segunda parte da súa presentación, Vicente Pérez falou da Psicoloxía vista dende o cine e a súa estreita relación; as dúas naceron á vez, a finais do século XIX. O cine modificaría a imaxe que da Psicoloxía, ten o público en xeral, fortemente influenciado por este tema. En realidade -explicaba Pérez- os que aparecen en pantalla son psicoterapeutas, especialistas en Psicoloxía clínica, como nalgunhas fitas de Woody Allen. "Algo vai cambiar a túa vida" do ano 1999, representaría un exemplo paradigmático desta cuestión. Establécense de forma explícita, algúns estereotipos; o psicólogo é un suxeito problemático, complexo e con moita vida interior, trataríase de profesionais que non saben gardar o segredo profesional (con outros compañeiros e outros clientes), en ocasións compórtanse como o doutor-amor, polo que os psicanalistas o chaman "transferencia": o cliente xera un vínculo emocional co terapeuta, e como último estereotipo está o sentir de que calquera pode ser terapeuta, só fai falta ter sentido común ou saber escoitar. Sobre isto Benjuemea no ano 2000, fixo unha clasificación das fases na consideración cinematográfica: fase de ambigüidade, fase de exaltación positiva, fase crítica, fase da Psicoloxía heroína ou fase dos psicólogos fantasmas.

Vicente Pérez falou da imaxe do trastorno e formulaba a seguinte pregunta ao aforamento: que é un trastorno psicolóxico? Unha pregunta complexa, sen dúbida. Para tratar de dar resposta a esta cuestión, explicou que hai unha tendencia a xeneral da Ciencia á clasificación ás taxonomías, a xerar etiquetas e, simultáneamente hai unha necesidade de acordos en torno a contidos e a instrumentos e metodoloxías de diagnóstico así como a necesidade de determinar responsabilidades. Polo tanto aparece CIE A e a DSM, que seguen un modelo médico baseado no síntoma-enfermidade, para abordar esta necesaria clasificación. Este escenario propiciaría un clima de críticas conceptuais: concepto de enfermidade mental, trastorno mental, trastorno psicolóxico, conduta desadaptativa ou condutas problemáticas. Isto formularía a carga teórica da definición funcional vs. a definición topográfica, que implicaba un necesario posicionamento.

Que ten que dicir a Psicoloxía en torno a isto?

A Psicoloxía -explicaba Vicente Pérez- é unha ciencia nova, mesmo se pode dicir que se encontra nunha fase multiparadigmática, segundo moitos autores; coexisten enfoques diferentes tanto o propio léxico sobre o tema, como no obxecto de estudo e como se vai estudar. É dicir, cada profesional responde de forma diferente xa que segue unha "escola" diferente: psicanalistas, psicólogos condutistas ou analistas do comportamento, por exemplo.

Na terceira e útima parte o relator analizou algúns dos estereotipos no contexto cinematográfico, estereotipos que describirían algúns trastornos: o vilán psicópata: como representación do estereotipo doadamente recoñecible nos films. O adicto escapista: persoa con dependencia ás substancias, este estereotipo adoita estar bastante ben representado no cine. Esta adicción presenta dous tipos de conduta reflexa, máis automática e operante, que está reforzada negativamente ou positivamente. Neste caso, o consumo de substancias relacionaríase a unha conduta operante, reforzada negativamente: drógome para escapar, para evadirme.

Outro estereotipo moi habitual: o autista con superpoderes, un exemplo témolo na película "Rayman". O esquizofrénico e as súas alucinacións, probablemente sexa un dos trastornos peor representado no cine, en xeral, dúas películas que fan referencia a el: "Doce monos" ou "Unha mente marabillosa".

En conclusión, hai moitas películas que mostran o efectos do encarceramento, as actitudes e os ánimos dos presos. Nalgúns casos máis acerto que noutros, sen dúbida.

Imaxe principal: relator Vicente Pérez.

Imaxe: Vicente Pérez, relator, Antonio Viedma, director do Curso de Verán e Anxos Amor, coordinadora da actividade.

image2
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es