A cita era o venres 11 de xullo. Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo, presidiu, xunto coa directora del Centro Asociado UNED A Coruña, Susana Blanco, el acto oficial de Clausura del curso que finaliza, da UNED Sénior. El rexedor e a directora, estiveron acompañados na mesa por el coordinador del Programa Sénior, Luis Ángel Rodríguez Patiño, por Miguel Somoza, profesor da UNED en Madrid na Facultade de Educación, gran coñecedor de Rianxo e artífice da chegada da Sénior a esta localidade, a concelleira de Cultura del casa do concello, Hadriana Ordóñez e Antón Vilariño, coordinador da Sénior nesa localidade.
Xunto a todos eles no podían faltar os protagonistas; os nosos queridos alumnos sénior e algúns dos profesores responsables de cada materia. Todos compartiron unha xornada feliz, chea de anécdotas, de onde a cultura galega estivo presente en cada acto da axenda programada para ese día. Acompáñase crónica relatada por unha alumna sénior:
"En Rianxo, na terra de Castelao, Manuel Antonio e Rafael Dieste, tivo lugar, hoxe, a clausura do curso 2013-2014 da UNED Sénior, e da recén nacida Aula de Rianxo. Un acto moi entrañable, presidido pola señora directora da UNED da Coruña, Susana Blanco Miguélez, polo alcalde de Rianxo, un profesor da UNED de Madrid, moi comprometido coa creación da UNED de Rianxo, e polo coordinador, Luis Ángel Rodríguez Patiño, alma mater deste proxecto.
Nada máis chegar, fomos amablemente acollidos, e percorremos as rúas e prazas máis emblemáticas do pobo, acompañados por un guía, quen nos foi explicando os aspectos máis interesantes da historia e cultura desta vila mariñeira. As casas de Manuel Antonio, de Castelao e de Rafael Dieste. A praza Castelao, a praza Pequena, onde se atopan as casas de pescadores máis antigas da vila. O porto. As diferentes esculturas e bustos dedicados ás máis importantes figuras da historia e cultura deste pobo.
A continuación, no Auditorio, tivo lugar o acto institucional de clausura do curso. Interveu, en primeiro lugar, o alcalde de Rianxo, agradecendo a nosa presenza e esforzo para que este proxecto da UNED Sénior se manteña e siga adiante. Tamén, manifestou a súa satisfacción por que a UNED Sénior chegara a Rianxo, e agradeceu a todas as persoas que o fan posible co seu esforzo e traballo.
Na mesma liña foi a intervención da directora da UNED. Contenta e agradecida de que o esforzo que supón este proxecto dé os seus froitos, aumentando cada curso o número de alumnos e de asignaturas. Coma sempre, animounos a seguir participando e manternos activos, tomando parte en todas as actividades que se nos ofrecen, e mantendo esa relación de colaboración e amistade entre todos, e que nós tanto valoramos.
Tamén nos dirixiron unhas palabras de ánimo e agradecemento os dous coordinadores, especialmente o noso, Luis Ángel Rodríguez Patiño, que, coma sempre, afirmou: "A UNED sodes vós. Sen vós, non habería proxecto". E nós ben sabemos que el é a columna vertebral deste edificio, chamado UNED Sénior de Xestoso, e que, agora, xa se estendeu a Rianxo, e oxalá invada Galicia.
A continuación, tivo lugar a entrega de diplomas. Logo, actuacións dos alumnos de música das diferentes Aulas, tanto de Xestoso como de Rianxo. Finalmente, un xantar de confraternidade, nunha carpa, ao lado de praza Castelao. Rematando con máis actuacións musicais. Foi un acto moi emotivo, nun fermoso día soleado do mes de Santiago, nun lugar emblemático para a literatura e cultura galega, ao lado do mar de Arousa."
Moitísimas grazas a todos e a todas os que fan posible este proxecto, no que nós nos sentimos moi orgullosos e privilexiados de participar, e vivir estas experiencias tan enriquecedoras."
Visita el Blog.