Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Optimizas o teu tempo de estudo?

1 de septiembre de 2014

Axudámoste a mellorar a túa técnica de estudo.

Curso de Técnicas de Estudo Autorregulado. Descarga folleto aquí.

Acceso na web en matrícula aquí.

Datas de celebración: 19 e 26 de setembro de 2014.

Horario: de 9:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00 horas.

Lugar de celebración: sede UNED-A Coruña, Pepín Rivero, 3, 15011.

Duración: 40 horas (20 presenciais e 20 horas a distancia, de aplicación personalizada).

Organiza: COIE Centro Asociado UNED A-Coruña.

Asistencia: Realizaranse controis sistemáticos de asistencia e esixirase a presenza de polo menos o 80% de sesións para a expedición do certificado.

Obxectivos do curso:

  • Familiarizar o alumno coa metodoloxía propia da UNED
  • Adquirir destrezas de autocoñecemento da propia forma de aprender
  • Dominar as técnicas de estudo
  • Desenvolver a capacidade de crítica e valoración
  • Adestrar o alumno en técnicas intelectuais que faciliten bos resultados
  • Informar o alumno sobre o sistema de avaliación na UNED e adestralo nos distintos tipos de probas presenciais e a distancia
  • Adquirir procedementos para unha distribución axeitada do tempo de estudo e repaso para os exames
  • Proporcionar información das distintas formas de dominar a ansiedade ante os exames

Programa:

  • Venres, 19 de setembro (09:00 - 12:00)
    • Xornada de benvida
    • A UNED: presentación, oferta educativa, metodoloxía xeral e recursos
  • Venres, 19 de setembro (12:00 - 14:00)
    • Metodoloxía e uso dos medios na UNED: titoría, aprendizaxe autónoma, recursos telemáticos
  • Venres, 19 de setembro (16:00 - 21:00)
    • Autocoñecemento e planificación - Xestión de tempos
    • Estratexias de traballo intelectual. Atención e comprensión
  • Venres, 26 de setembro (09:00 - 14:00)
    • Técnicas de lectura rápida e memorización
  • Venres, 26 de setembro (16:00 - 21:00)
    • O exame: repaso e demais factores implicados

Créditos: Solicitados 4 créditos UNED de libre configuración. Solicitados 2 créditos ECTS UNED.

Máis información:

Secretaría sede A Coruña: 981 14 50 51

Secretaría Aula Ferrol: 981 36 40 26

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es