Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Cualificacións e revisión de exames

8 de septiembre de 2014

Como acceder ás túas cualificacións e todo o que debes saber sobre o procedemento de revisión de exames.

Como consultar a túa nota de exame

  • Por internet. Entrar en Campus UNED - Identificarse - Acceder á Secretaría Virtual - Ver Cualificacións.

Data máxima de emisión de listados: 1 de outubro de 2014.

Data máxima de emisión de Actas: 9 de outubro de 2014.

As datas de publicación das cualificacións son os límites temporais que os equipos docentes deben respectar na emisión de listados e Actas; pero poden emitir as cualificacións moito antes. Por favor, consulta de cando en vez as túas notas a través da Secretaría Virtual e segue os foros das materias, para evitar que se pase o prazo de reclamacións.

Prazo primeira revisión

  • O prazo máximo para solicitar a revisión de exames será de 7 días naturais, contados a partir do día da publicación da nota na Secretaría virtual da UNED.
  • Recoméndase facilitar na solicitude de revisión todos os datos de contacto, por se os datos do sistema non estivesen actualizados ou se tivese producido algún cambio dende a solicitude destes.
  • Recibida a solicitude de revisión, o profesor responsable da cualificación terá de prazo para responder, ata a data oficial da entrega de Actas.
  • A solicitude de revisión e a resposta do profesor responsable deberán ser motivadas e axustarse aos criterios académicos de corrección que fixase cada equipo docente. As solicitudes carentes de motivación non serán admitidas.

Prazo segunda revisión

  • No caso de que o estudante non estea conforme co resultado da primeira revisión, poderá solicitar, de forma motivada e nos 5 días naturais seguintes á recepción do resultado da primeira revisión, a constitución dunha Comisión de Revisión que realizará unha segunda revisión do exame.
  • A presentación desta solicitude non impide a inclusión en Actas das cualificacións obtidas tras a primeira revisión.

Prazo Recurso de Alzada

  • En caso de que o estudante siga en desacordo coa cualificación do exame, poderá presentar recurso de alzada ante o Reitor no prazo dun mes a contar dende a recepción do resultado da valoración da Comisión de Revisión.
  • A interposición deste recurso ou calquera das reclamacións anteriormente citadas, non suspende os efectos académicos derivados das cualificacións dos estudantes.

Formulario de petición de revisión de exame, aquí.

Consulta aquí as normas sobre revisión de exames (publicadas no BICI n.º 38, do 12 de xullo de 2010 (Anexo I dos Acordos do Consello de Goberno).

Consulta o Regulamento de Probas Presenciais e a súa posterior modificación aquí.

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es