Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Sabes como adestrar a túa competencia lectora?

15 de septiembre de 2014

Axudámoste a mellorar o teu rendemento.

Curso básico de comprensión lectora

Que aborda esta formación?

Trátase dunha formación específica, fundamentalmente para os que inician estudos nesta Universidade. É un curso práctico, que tratará de espertar e potenciar as capacidades dos alumnos para percibir os contidos informativos esenciais e captar o sentido último dos textos. Un curso de nivelación orientado a facilitar aos alumnos a adquisición de coñecementos e habilidades básicas para afrontar con éxito os seus estudos superiores.

Cando se celebra?

Data: do 29 de setembro ao 20 de outubro de 2014

Hora: de 16:00 a 18:00 horas

Onde?

Lugar: aula 21 A, sede A Coruña

Modalidade: presencial

Quen o imparte?

David Saa Rodríguez Profesor titor UNED A Coruña

Hai concesión de créditos?

Solicitado 1 crédito ECTS, 2 créditos de libre configuración

Cal é o programa do curso?

Luns 29 de setembro

  • 16:00-18:00 horas. Presentación do curso. Achegamento ao concepto de texto. O texto como actividade comunicativa. Características do texto. Exercicios prácticos.

Mércores 1 de outubro

  • 16:00-18:00 horas. A lectura como esencia da comprensión lectora. Microestrutura, macroestrutura e superestrutura dun texto. Exercicios prácticos.

Venres 3 de outubro

  • 16:00-18:00 horas. O esquema da comprensión lectora: lector, texto, contexto sociocultural. Pasos para traballar a comprensión lectora: comprensión literal, comprensión inferencial e comprensión crítica. Exercicios prácticos.

Luns 6 de outubro

  • 16:00-18:00 horas. Técnicas de comprensión lectora: o subliñado, "a sumilla" e o resumo. Exercicios prácticos.

Mércores 8 de outubro

  • 16:00-18:00 horas. A idea central e as ideas secundarias. Estrutura dun texto. O resumo. Exercicios prácticos.

Venres 10 de outubro

  • 16:00-18:00 horas. Probas estándar de comprensión lectora. Modelo PIRLS: - Textos informativos- Textos literarios.

Luns 13 de outubro

  • 16:00-18:00 horas. Probas estándar de comprensión lectora. Modelo PISA: - Textos continuos. Narrativos. Descritivos. Expositivos. Argumentativos. Instrutivos- Exercicios prácticos.

Mércores 15 de outubro

  • 16:00-18:00 horas. Probas estándar de comprensión lectora. Modelo PISA: - Textos discontinuos. Táboas. Esquemas. Gráficos. Mapas. Exercicios prácticos.

Venres 17 de outubro

  • 16:00-18:00 horas. Lectura comprensiva e ideoloxía. Lectura acrítica e lectura crítica. Exercicios prácticos.

Luns 20 de outubro

  • 16:00-18:00 horas. Balance final. A avaliación da comprensión lectora

Máis información e preinscrición aquí.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es