Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Firma do Convenio Marco entre a UNED coruñesa e a I.P.A.

16 de septiembre de 2014

Este acordo de colaboración aborda principalmente actividades formativas.

Onte, luns 15 de septembro de 2014, ás 13:30 horas, a directora do Centro Asociado UNED A Coruña, Susana Blanco Miguélez e o presidente de I.P.A. na delegación de Galicia, José Manuel Loureiro Ventureira, selaron, nas instalacións da institución universitaria e a través dun Convenio Marco, a vontade e o compromiso de mutua colaboración en actividades formativas.

A partir da súa entrada en vigor, os socios e membros da I.P.A. Galicia; funcionarios pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade, poderán acceder, con carácter especial e nos termos que contempla a parte expositiva do texto en cuestión, a aqueles programas anteriormente fixados, que favorezan a súa actualización eespecialización.

Este acordo, pon en valor, unha vez máis, o carácter multidisciplinar que o Centro Asociado ven desenvolvendo nos últimos anos en materia de Extensión Universitaria e Divulgación Cultural.

Nas imaxes: Susana Blanco Miguélez, xunto con José Manuel Loureiro no momento da firma e con representantes da I.P.A.

firmaconvenioipaunedtodosweb
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es