Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Libraría do Centro Asociado

19 de septiembre de 2014

Coñece os beneficios de adquirir os teus libros connosco.

Que che ofrece o Servizo de Libraría do Centro Asociado?

  • A bibliografía básica de todas as materias, tanto da editorial UNED coma doutras editoriais.
  • Venda por encarga de toda a bibliografía e material de estudo complementario, necesario para o estudo de materias da UNED.
  • Petición online de libros. Dende a sección de pedidos on line da web podes encargar os libros que necesites á Libraría do teu Centro Asociado. Recibirás, por email ou a través do teléfono que facilites, a información sobre o estado do teu pedido para que poidas pasar a recoller os libros a medida que estean dispoñibles.
  • Compra directa. A Libraría da UNED da Coruña dispón de stock dos materiais básicos dos estudos impartidos no centro. Para a compra de materiais non dispoñibles en stock, os prazos de recepción poden verse afectados por varios factores (dispoñibilidade de provedores, libros en reimpresión, libros pendentes de publicar, problemas de transporte, situacións extraordinarias, etc.). O persoal de libraría avisarate cando o teu pedido estea dispoñible para a súa recepción no Servizo.

Que debes ter en conta?

  • Non se envían pedidos a domicilio.

Cales son os beneficios de adquirir os teus libros na Libraría do Centro Asociado?

Con carácter xeral, faise un desconto do 3% en todos os libros. Ademais, podes beneficiarte dun desconto do 50% en bibliografía básica editada pola UNED se es integrante de familia numerosa de primeira categoría, e do 100% se é de segunda categoría. Para iso, abonda con que presentes, en orixinal:

  • Título de familia numerosa actualizado.
  • Impreso de matrícula do curso académico correspondente.
  • Carné de alumno do curso académico correspondente.
  • DNI.

Como podes aboar os teus libros?

  • O pagamento pode facerse tanto en efectivo como con tarxeta de crédito.

E se queres tramitar unha devolución?

  • Non se admiten devolucións de libros. Por iso é fundamental que, no momento de recollida do pedido, comprobes que levas o material que realmente pediches e necesitas.
  • Si se admitirá o cambio en libros con erros de impresión ou defectuosos, sempre que se achegue a factura correspondente.

Onde está situada a Libraría?

  • Planta baixa do edificio do Centro Asociado UNED-A Coruña. c/ Pepín Rivero, 3. 15011-A Coruña.

Como se pode contactar?

  • Teléfono: 981 14 59 58
  • Fax: 981 14 59 58
  • Correo-e: libreria@a-coruna.uned.es

Cal é o horario que abre ao público?

  • Período lectivo: de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
  • Período non lectivo: de luns a venres, de 09:00 a 13:30 horas.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es