Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Plan de Acollida Curso 2014/2015

24 de septiembre de 2014

Programadas aproximadamente 35 actividades orientadas a alumnos novos ou a aqueles que queiran maximizar os recursos que o Centro Asociado pon ao seu alcance.

O Plan de Acollida do Centro Asociado UNED A Coruña para o curso 2014/2015, consiste nun programa onde se fixan unha serie de accións formativas e informativas, dirixidas aos novos alumnos, co obxectivo principal de facilitarlle o proceso de transición, integración ou continuación á vida universitaria, para que dende o primeiro día de clase poida optimizar todos os recursos que están ao seu alcance. Son xornadas e sesións onde terá a oportunidade de coñecer compañeiros coas súas mesmas inquietudes e de coñecer, todo o que lle Centro Asociado, pode facer para a mellora da súa vida académica.

Accións de Benvida

Son xornadas pretenden informar os alumnos dos Servizos que teñen á súa disposición no Centro Asociado UNED A Coruña, metodoloxía de traballo específica e as súas particularidades.

Presentación de Facultades

Son sesións curtas onde se ofrecerá información xeral acerca da Facultade e dos estudos que se cursan nela para así facilitar unha máis rápida adaptación dos nosos estudantes ao ámbito universitario da UNED e ás posiblidades de atención titorial presenciais e online ás que poden ter acceso.

Habilidades TIC

Trátase de sesións de apoio tecnolóxico onde a través da práctica en grupos reducidos, se pretende introducir o estudante da UNED A Coruña, no ámbito virtual que ha de empregar ao longo do curso, dando a coñecer os principais recursos tecnolóxicos ao seu alcance.

Recursos para o estudo. "Coñece a túa Biblioteca"

Son sesións que abordan en formato presentación, os servizos e recursos da Biblioteca do Centro Asociado. O persoal da Biblioteca realizará un achegamento das principais actividades e ferramentas desta Unidade e o procedemento específico necesario para o acceso e uso de referencias, fomentando a interacción e participación dos asistentes. Promover a autonomía e independencia do alumnado á hora de afrontar os seus estudos, dentro do marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

Coñece os teus representantes

Xornada onde os membros da Delegación de estudantes da UNED A Coruña, preséntanse e informan de todas as súas actividades e os procedementos que poidan resultar de interese aos alumnos matriculados no Centro Asociado.

Orientación á matrícula

SAEE

O seu obxectivo é ofrecer información, asesoramento e orientación laboral aos alumnos da UNED, atendendo as súas necesidades e inquietudes profesionais. O Servizo de Axuda ao Emprego e ao Emprendimiento de los Universitarios (SAEE) do Centro Asociado UNED-A Coruña traballa en colaboración co COIE do Centro.

COIE

O COIE é o Centro de Orientación, Información e Emprego, un servizo especializado en ofrecer información e orientación académica e profesional que a UNED A Coruña pon a disposición dos seus estudantes. Dende o COIE tamén ofrecemos os nosos servizos ao resto da comunidade universitaria do Centro e á rede empresarial, mantendo o obxectivo de ofrecer axuda para a integración académica e profesional dos estudantes.

Apoio á formalización da matrícula online

É un recurso que o Centro Asociado UNED A Coruña pon ao alcance de todos os alumnos para facilitar o seu proceso de matriculación nas instalacións do propio Centro.

Cursos "0" ou de nivelación

Un curso "0" é un curso de nivelación orientado a facilitar aos alumnos a adquisición de coñecementos e habilidades básicas para afrontar con éxito as materias relacionadas co curso en cuestión.

Cursos de Técnicas de Estudo

Esta actividade pretende ser un apoio inicial a todos os estudantes e en especial aos novos, que lles permita abordar con éxito os seus estudos universitarios, en especial na UNED. O alumno deberá de coñecer as técnicas de estudo para, despois, elixir aquelas que mellor se adapten á súa forma de aprender e reter os contidos. Curso que contribúe a que os alumnos coñezan as características e esixencias do modelo educativo da UNED, á vez que lles permite iniciarse nas técnicas que axudan a mellorar e rendibilizar o estudo.

Xornada Informativa sobre saídas profesionais

Sesión informativa de interese para aqueles que desexen coñecer que alternativas son as máis idóneas unha vez finalizados os estudos superiores.

Para todas as actividades, é necesaria inscrición na plataforma. Máis información: info@a-coruna.uned.es, info@ferrol.uned.es

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es