Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Matemáticas para todos

22 de septiembre de 2014

Curso enmarcado dentro do Plan de Acollida ao alumno.

Que obxectivos formula este curso?

Está orientado a fomentar o interese e mellorar o rendemento en Matemáticas, explicando a súa importancia na sociedade contemporánea dende unha perspectiva científica, cultural e histórica.

Cando se celebra?

Do 16 de outubro ao 6 de novembro de 2014.

Onde?

Lugar: Aula Magna sede UNED A Coruña.

Modalidade: presencial.

Quen o imparte?

Enrique Macías Virgós. Profesor titular da USC. Profesor titor do Centro Asociado UNED A Coruña.

Ana Dorotea Tarrío Tovar. Profesora da UDC. Profesora titora do Centro Asociado UNED A Coruña.

Hai concesión de créditos?

1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

Cal é o programa do curso?

Xoves 16 de outubro. 18:30-21:00 horas.

Módulo 1.a: Aplicacións das Matemáticas. As Matemáticas son o fundamento de moitos avances técnicos e científicos e teñen aplicacións en campos tan diversos como: economía, lingüística, música, física, enxeñaría, arquitectura, criptografía, computación, ciencias biomédicas, psicoloxía, etc.

Módulo 1.b: Momentos matemáticos. Proxección dunha curtametraxe.

Xoves 23 de outubro. 18:30-21:00 horas.

Módulo 1.c: Historia das Matemáticas. Algúns pasos fundamentais en 3000 anos de historia das Matemáticas: dende os babilonios ata a matemática moderna: Pitágoras, Euclides, Arquímedes; Ao Khwarizmi, Descartes, Newton; Euler, Gauss, Riemann; Poincaré; Hilbert, Turing...

Xoves 30 de outubro. 18:30-21:00 horas.

Módulo 2.a: A importancia das Matemáticas. A 2irrazonable eficacia das Matemáticas noutras ramas do coñecemento. Por que non hai Premio Nobel de matemáticas? A beleza dos obxectos matemáticos. As Matemáticas na vida cotiá.

Módulo 2.b: A beleza das Matemáticas. Proxección dun documental.

Xoves 6 de novembro. 18:30-21:00 horas.

Módulo 2.c: Por que tememos as Matemáticas?. A importancia das propias "crenzas": o rol do profesor; hai que "valer" para facer Matemáticas?; As Matemáticas son difíciles?; As Matemáticas son importantes na vida real e na miña formación! Algunhas ferramentas complementarias no estudo das Matemáticas.

Debate: O meu rendemento vai mellorar!

Máis información e preinscrición aquí.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es