Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Novidade este curso: Graos Combinados

29 de septiembre de 2014

Dúas titulacións independentes e diferentes.

En que consiste un Grao Combinado?

  • É a posiblidad de realizar dous Graos diferentes e independentes. Partindo dun Grao completo, para o segundo habería que realizar como máximo, a metade dos créditos (120).

Cal é a diferenza entre un Grao Combinado e un Grao Dobre?

  • Un Grao Dobre é unha única titulación, un Grao Combinado son dúas.

Hai un prazo preestablecer para decicir facer facer un Grao Combinado?

  • Pódese facer en calquera momento, sempre e cando se estea a cursar ou se vaia cursar un Grao UNED.

Cando comeza a súa implantación?

  • No curso 2014/2015.

Cal é a oferta para este curso 2014/2015?

  • Economía e Administración e Dirección de Empresas (ADE)
  • Turismo e Administración e Dirección de Empresas (ADE)
  • Dereito e Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas
  • CC. Políticas e Socioloxía
  • Enxeñaría Eléctrica e Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
  • Enxeñaría Eléctrica e Enxeñaría Mecánica
  • Enxeñaría Eléctrica e Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
  • Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática e Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
  • Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
  • Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais e Enxeñaría Mecánica

Como funciona na práctica?

Economía e Administración e Dirección de Empresas (ADE)

  • Un estudante de Grao de Economía só tería que aprobar 96 créditos para obter o Grao en ADE, e o mesmo número no caso contrario.

Turismo e Administración e Dirección de Empresas (ADE)

  • Os estudantes de Grao en Turismo terían que aprobar 120 créditos para obter o título de ADE, ao contrario cursarían 108 créditos.

Dereito e Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas

  • Un estudante de Grao en Dereito para conseguir o título de Ciencias Xurídicas e das Administracións Públicas tería que aprobar 93 créditos deste segundo Grao, en sentido contrario necesitaría a aprobación de 120 créditos.

E os requisitos de acceso?

  • Débese presentar a titulación de acceso o primeiro ano de matriculación nun dos dous Graos. Unha vez rexistrada no expediente e conformada, a titulación de acceso é válida para o segundo Grado.

Cal é o procedemento para cursar un Grao Combinado?

  • Deberase solicitar unha matrícula para cada un dos Graos. Coa matrícula dunha única materia do segundo Grado, é suficiente para estar xa admitido neste.
  • É necesario solicitar recoñecemento de créditos. Consultar as táboas de recoñecemento que publican as Facultades e Escolas. Non é necesario pagar as materias recoñecidas.

Accede ao vídeo do Reitor da UNED.

Máis información aquí.

Para información de matrícula: info@a-coruna.uned.es, info@ferrol.uned.es

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es